Taboleiro
Bolsas e axudas ao alumnado de niveis postobligatorios
Enviado por anaro o Mar, 22/03/2022 - 06:29O prazo para solicitar bolsas no curso 2022-2023 para estudantes que cursen estudos postobligatorios é do 30 de marzo ao 12 de maio. A solicitude deberase cumptimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es
Aspectos IMPORTANTES a ter en conta:
- Todo o mundo deberá solicitar a bolsa neste periodo, independientemente de que non saiba aínda o que vai estudar. Fóra deste periodo non haberá posibilidade de pedir beca.
- Nesta primeira fase, só se cubrirán os datos persoais e económicos (só estarán habilitados estes apartados).
- Moi importante: utilizar un correo electrónico que estea activo e saibades a contraseña, xa que todos os avisos e notificacións referidos á bolsa se vos enviarán a el.
- No mes de agosto abrirase un novo periodo (uns 10 días) nos que cubriredes os datos académicos e tamén teredes a posibilidade de modificar algúns datos cubertos no periodo anterior.
Toda a información:
- ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html#para-que-estudios
- ESTUDOS UNIVERSITARIOS:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/universidad-grado-master/tipos-de-becas.html
PROCEDEMENTO
1. Rexistrarse como usuario na SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707
2. Encher o FORMULARIO e ENVIAR.
Podedes atopar máis información na seguinte ligazón: Extracto da Resolución de 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios.
Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos
Enviado por anaro o Lun, 21/02/2022 - 09:20Convocáronse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
Toda a información podedes atopala nesta ligazón ao DOG ou no documento adxunto.
Probas acceso a ciclos
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:10Abriuse o prazo de presentación de solicitudes para realizar as probas de acceso a ciclos de grao superior. Será entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022.
Podedes atopar toda a información sobre as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior no documento adxunto.
Feira das profesións 2024
Enviado por anaro o Mar, 02/04/2024 - 11:51Un ano máis, os Departamentos de Orientación doIES de Ames, IES Plurilingüe de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira organizamos A FEIRA DAS PROFESIÓNS 2024 o xoves 4 de Abril no pavillón polideportivo de Brión.
O horario será de mañá e tarde, en concreto de 10:00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.
Esperámosvos o xoves pola tarde.
Acreditación das competencias dixitais do alumnado
Enviado por anaro o Lun, 11/03/2024 - 18:05Publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Nesta resolución acredítanse os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria
- O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
- O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
- O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
- A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
- A proba será en formato online e constará de 60 preguntas (12 por área) que se terán que responder no prazo máximo de 90 minutos.
- Para superar a proba de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
- Demo da proba de acreditación.
Acreditación do alumnado de bacharelato
- A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
- O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. Para isto empregará este modelo.
- O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
- A proba será en formato online e constará de 12 preguntas que se terán que responder nun tempo máximo de 20 minutos.
- Para superar esta proba da área 4 de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 60% do total de preguntas.
- Demo da proba de acreditación.
Os requisitos para presentarse á proba son:
- Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
- Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.
As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse no instituto consonte ao seguinte calendario:
- A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o 19 de abril.
- A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
Para solicitar a participación teredes que cubrir o formulario de inscrición e entregalo en Xefatura de Estudos (podedes recoller o formulario en Xefatura de Estudos). O prazo remata o día 15 de marzo ás 14:00.
Día 8 de marzo
Enviado por anaro o Ven, 08/03/2024 - 07:54Carteis para o día 8 de marzo realizados por Marta e Xosé na materia de intelixencia artificial.
Samaín
Enviado por anaro o Dom, 26/11/2023 - 16:21Desde o EDNL do instituto queremos dar as grazas á participación masiva no concurso de epitafios organizado ao redor da celebración do Samaín.
Semella que o Máis Aló estivo ben creativo tanto para crear os seus textos lapidarios como para deseñar esas tumbas, algo que nos permitiu crear ese ambiente sepulcral que nos recibía á entrada do centro estas mañás.
Unha gran parte do mérito, ademais das nosas “defuntas” e “defuntos” foran os departamentos de Plástica e Lingua Galega, que dedicaran parte das súas aulas a colaborar coa actividade.
A nosa felicitación especial ás gañadoras do concurso :
Noa Blanco Noya 1ºESO G
Sara Romero Vico 2º ESO F
Carolina Guerra García 2º ESO G |
ESPERAMOS CON IMPACIENCIA AS CREACIÓNS DA VINDEIRA EDICIÓN
Modificación calendario escolar. 3ª avaliación ESO
Enviado por Adminis o Lun, 16/01/2023 - 17:11A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final.