Bolsas e axudas ao alumnado de niveis postobligatorios
O prazo para solicitar bolsas no curso 2022-2023 para estudantes que cursen estudos postobligatorios é do 30 de marzo ao 12 de maio. A solicitude deberase cumptimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es
Aspectos IMPORTANTES a ter en conta:
- Todo o mundo deberá solicitar a bolsa neste periodo, independientemente de que non saiba aínda o que vai estudar. Fóra deste periodo non haberá posibilidade de pedir beca.
- Nesta primeira fase, só se cubrirán os datos persoais e económicos (só estarán habilitados estes apartados).
- Moi importante: utilizar un correo electrónico que estea activo e saibades a contraseña, xa que todos os avisos e notificacións referidos á bolsa se vos enviarán a el.
- No mes de agosto abrirase un novo periodo (uns 10 días) nos que cubriredes os datos académicos e tamén teredes a posibilidade de modificar algúns datos cubertos no periodo anterior.
Toda a información:
- ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html#para-que-estudios
- ESTUDOS UNIVERSITARIOS:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/universidad-grado-master/tipos-de-becas.html
PROCEDEMENTO
1. Rexistrarse como usuario na SEDE ELECTRÓNICA:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707
2. Encher o FORMULARIO e ENVIAR.
Podedes atopar máis información na seguinte ligazón: Extracto da Resolución de 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios.