INFORMACIÓN PROTOCOLO ALERTA ESCOLAR 24-25

Información para familias do alumnado con problemas médicos, Protocolo de Alerta Escolar. Curso 2024-2025.

No seguinte documento encontrarán información detallada sobre as actuacións. Tamén proporcionamos o formulario de inscrición no Programa.

Eleccións de membros do Consello Escolar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

O sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral terá lugar o venres 18 de outubro, ás 12:35 horas, na sala de xuntas do IES Plurilingüe de Ames

Circular informativa <PDF>

 

Selo Nacional de Calidade do proxecto "Sustainable cities and schools: How smart do we live"

O proxecto etwinning  "Sustainable cities and schools: How smart do we Live" no que participan profesores e alumnado do IESP de Ames  en colaboración co Gymnasium Schwertstraße de Solingen (Alemania)  obtivo o Selo  Nacional de Calidade (Etwinning National Quality Label).  Polo noso instituto participaron e solicitaron o selo de calidade no curso 2023-2024  o profesor  Roberto Barral con  alumnado de 4º de ESO da materia de Proxecto Competencial e a profesora Sofía Jiménez  con  alumnado da  materia de inglés de 3º da ESO obtendo en ambos casos o citado premio .  Parabéns para todo  o alumnado e profesorado participante e tamén para o centro.

Normas de emprego dos ordenadores

Para o correcto funcionamento do proxecto E-Dixgal é importante seguir as seguintes normas:

  • O equipamento E-Dixgal (portátil, cargador, maletín e carro de carga) debe tratarse como se fose propio. Cada alumno/a é responsable do seu material. O alumnado ten que transportar sempre o seu ordenador dentro do maletín.
  • Se unha alumna ou alumno quere deixar o ordenador na aula pode facelo sempre que o deixe no posto que se lle asigne no carro de carga. O ORDENADOR NON PODE QUEDAR ENRIBA DAS MESAS.
  • Os ordenadores no centro só se poden cargar no carro de carga.
  • Todas as incidencias que se produzan teñen que ser de comunicadas ao coordinador E-Dixgal coa maior brevidade posible.
  • O coordinador E-Dixgal estará dispoñible todos os recreos para a comunicación de incidencias. 
  • Se unha familia ten dúbidas sobre calquera aspecto do proxecto pode poñerse en contacto co coordinador E-DIXGAL (Fermín Cambeiro) chamando ao instituto ou enviando un correo electrónico a tic.ies.ames@edu.xunta.gal.

Información E-DIXGAL para as familias (Curso 24-25)

Prema na imaxe para acceder á información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal do Espazo Abalar.

 

Folleto informativo para as familias - Curso 2024-2025 (PDF)

Comezo curso 2024-25

Mércores 11 de setembro

Ás 8.45 horas o alumnado deberá estar no Centro.

A primeira hora faranse as presentacións polo que o alumnado debe dirixirse os espazos seguintes:

1º ESO: Sala de Usos Múltiples (SUM). O alumnado virá acompañado da familia, se queren.

2º, 3º, 4º ESO: porta principal.

1º, 2º Bacharelato e FP: pista de deportes.

A partir da 2ª hora clase normal.

Funcionará o transporte escolar e haberá horario normal

 

Mes de agosto de 2024

Para algunha xestión moi urxente, durante as vacacións de verán (do 1 de agosto ao 26 de agosto), poden contactar para concertar unha cita no teléfono

672 125 853

ou solicitándoa por medio do correo electrónico do IES Plurilingüe de Ames:

ies.ames@edu.xunta.gal

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Pódese consultar no taboleiro de anuncios do Centro a listaxe provisional de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar.

INTERCAMBIO CO CENTRO NYDALEN HIGH SCHOOL DE OSLO

Durante as tres primeiras semanas de setembro de 2023 seis alumnos/as de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe de Ames fixeron un intercambio con alumnado do centro Nydalen High School de Oslo (Noruega). Durante a súa estadía na capital nórdica compartiron horario lectivo e actividades escolares e extraescolares co alumnado co que residían. Este programa educativo axudoulles a mellorar a súa competencia lingüística en lingua inglesa.

 

O alumnado noruegués estivo no noso centro durante a última semana de xaneiro e as dúas primeiras de febreiro de 2024. Participaron da vida cotiá e lectiva do instituto, integrándose perfectamente co resto do alumnado de 1º de Bacharelato e coas familias coas que residiron. Tamén acudiron as distintas actividades que se fixeron durante a súa estadía no IES Plurilingüe de Ames como a saída a A Coruña ou a celebración do Carnaval.

 

Tanto a comunidades educativa norueguesa como a nosa destacaron o éxito que tivo este intercambio, que se produce dentro do marco do programa EduExchanges dende 2019, grazas aos comentarios aportados por todos os participantes e polas súas familias.

 

Unha vez máis, unha experiencia moi gratificante.

 

Alumnado participante do IESP de Ames a punto de partir cara Oslo

 

 

 

 

 

.

Pendentes matemáticas curso 2024- 2025

O Departamento de Matemáticas informa que o alumnado que teña a materia de Matemáticas pendente para o próximo curso, pode presentarse a unha proba na que se avaliarán todos os contidos traballados ao longo do curso 23-24 e que se celebrará

  • DATA: 26 de setembro de 2024 (xoves).
  • HORA:  16:30 horas.
  • LUGAR: Salón de Actos.

No caso de non aprobar este exame, o alumnado seguirá o programa de recuperación de pendentes do que se informará ao comezo do curso.

Distribuir contido