Skip to Content

Actividades curso 2017-2018

Certame Anual de Regueifas

O pasado venres 27 de abril, un grupo de mozos/as do Instituto participaron no Certame Anual de Regueifas que o Concello de Vigo organiza en Valadares.
Os/as valentes que subiron ao escenario foron:
Daniela Cartea, Paula Ferreira, Elisa Maya, Lucía Álvarez, Antía Fernández, Sofía García,
Lucas Madera, Judith Fernández, Carolina Rodriguez, Eva Ramilo, Judith Barcia,       Pablo Lamas, Miguel Vidal
Pasaron a 2ª rolda Miguel e Lucía, animados pola mellor inchada de todas as alí presentes. A emoción chegou ao límite cando na finalísima (só catro participantes eran os elixidos, de entre case 100 iniciais) entrou Lucía, que defendeu con moita arte e unha preciosa voz, o nome do Álvaro Cunqueiro.
Rapazas, rapaces, estamos moi orgullosos do voso paso polo certame. No 2019, máis e mellor!

COMIC CON

 

O venres, 4 de maio de 2018, una vintena de alumnado do Club Manga do noso IES participou na xuntanza intercentros, ou comic con organizada por varios IES da vila de Moaña.

Logo de cruzar a ría no catamarán xunto cos compañeiros do IES Alexandre Bóveda, chegamos a Moaña, onde participamos en moitas das actividades como o taller de origami, o pictionary manga ou o concurso de talentos. Pasámolo estupendamente. 

+

I Torneo intercentros de xadrez de Vigo

O luns 21 de maio celebrouse no IES de Coruxo o I Torneo Intercentros de Xadrez de Vigo.

Participaron catro centros da nosa cidade: xunto co organizador e o noso centro, estaban o IES de Beade e o IES da Guía.

RAFTING 2018

 

O día 30 de MAIO, o departamento de Educación Física, realizou unha saída a Barcela (Arbo), a facer RAFTING no rio Miño con 47 alumnos/as de 2º ESO.

Saíron desde A chan-Barcela (Concello de Arbo), para practicar este deporte de aventura. En todo momento estiveron acompañados por guías profesionais e descenderon por tramos do río Miño de dificultade media.

Aquí tedes aos protagonistas da grande aventura!!!

Ver más

 

 

Viaxe cultural a Mérida

Durante os días 8 a 11 de abril un total de 20 alumnos e alumnas de 4º da ESO e Bacharelato Humanístico fixeron unha viaxe á cidade de Mérida, cuxo conxunto arqueolóxico foi declarado pola UNESCO en 1993 Patrimonio da Humanidade, debido ao seu importante interese histórico e monumental. O obxetivo desta viaxe foi que os alumnos entrasen en contacto directo co noso patrimonio cultural, herdeiro en boa medida da antiga civilización romana.                                   

Ver más          

   +

Musiqueando

 

 

Imatxina: XIV edición

O mércores 18 de abril, un grupo de alumnos/as de 1º ESO visitou os Obradoiros da  XIV Edición de Imatxina. Como cada ano, e xa van catorce, a Fundación Escola Rosalía coa colaboración de Agapema e,  este curso  de volta á AFUNDACIÓN, a obra social de ABANCA,   organiza unha serie de actividades entre as que se atopan estes obrad

Olimpíada matemática 2ESO 2018

 

O xoves 26 de abril, un grupo de alumnos/as de 2º ESO participou na fase de zona da Olimpíada Matemática.

A proba tivo lugar no IES do Castro en Vigo. Aquí tedes aos protagonistas: Tomás Louro, Lucía Álvarez, Iago Álvarez, Uxía López, Antía Fernández,

Primeros Auxilios

 O noso centro celebrou, esta semana, o VI Obradoiros de Primeiros Auxilios, sendo o alumnado de 1º de bacharelato o encargado de organizar e trasmitir os distintos contidos expostos no mesmo. Este artigo é unha homenaxe a eles.

Aquí os tedes

Viaxe á NEVE 2018

Este ano a viaxe a neve foi a LEITARIEGOS.
Leitariegos é unha pequena estación de esquí situada na provincia de León, nun límite con Asturias, en plena Cordilleira Cantábrica.

Durante a tempada invernal son moitos os visitantes que atraídos pola beleza da paisaxe e polas ganas de practicar o esquí.

Ver máis

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut