Skip to Content

Olimpíada matemática 2ESO 2018

 

O xoves 26 de abril, un grupo de alumnos/as de 2º ESO participou na fase de zona da Olimpíada Matemática.

A proba tivo lugar no IES do Castro en Vigo. Aquí tedes aos protagonistas: Tomás Louro, Lucía Álvarez, Iago Álvarez, Uxía López, Antía Fernández,

Yared Grimaldi, Diego Pérez, Roberto Rodríguez e Diego Barreiro. Parabéns a tod@s pola vosa participación e, especialmente, a Diego Barreiro pola clasificación acadada para a fase final que se celebrará o xoves 24 de maio en Lugo.

 

O xoves 24 de maio tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo a fase final da Olimpíada Matemática de 2º ESO.

 

 

Aquí podedes ver algunhas das actividades organizadas para os participantes:

Ás 12:00 comezou a proba no Círculo das Artes

na Praza Maior de Lugo.

Xa pola tarde os participantes realizaron unha proba por equipos

completando un circuito matemático nos arredores da Praza Maior.

 

 

  Entrega de premios na Diputación Provincial de Lugo.
   
 

Aquí podedes ver a Diego Barreiro Delgado, mostrando o seu diploma de finalista, 

cos seus compañeir@s de 2º ESO A

que o arrouparon durante a preparación e celebración da proba.

Parabéns a tod@s os participantes e, especialmente aos tres clasificados que representarán a

nosa Comunidade en Valencia o 21 de xuño.

 

 



page | by Dr. Radut