Dous grupos de alumnos/as de 3° da ESO formados por: Anxo Gómez, Ilduara Martínez, Xenxo González e Félix Laranxeira, o primeiro, e María Cea, Noa Abellán, Paula López e Alicia Presa, o segundo, participaron no concurso de matemáticas Ligamats, organizado pola Escola Rosalía de Castro.
Deron o mellor de si mesmos, tanto na proba coma na preparación previa no instituto, así que noraboa para todos/as eles/as!!!
Ademais, o equipo formado por María, Noa, Paula e Alicia acadou a terceira posición na clasificación xeral. Unhas fenómenas!!