O mércores 18 de abril, un grupo de alumnos/as de 1º ESO visitou os Obradoiros da XIV Edición de Imatxina. Como cada ano, e xa van catorce, a Fundación Escola Rosalía coa colaboración de Agapema e, este curso de volta á AFUNDACIÓN, a obra social de ABANCA, organiza unha serie de actividades entre as que se atopan estes obradoiros.
O obxectivo é sacar as Matemáticas á rúa favorecendo, á súa vez, a innovación educativa.
Nos obradoiros, o alumnado e o profesorado experimenta novos xeitos de aprender e ensinar Matemáticas: xogan, crean, imaxinan…