Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Extraescolares
100 ANOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. IES DO RIBEIRO E IES DE ALLARIZ
Na seguinte ligazón podedes ver os traballos do noso alumnado.
- APIs de Blogue
- Leer máis
OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA
O mércores 26 de abril dous alumnos; Arón e Paulo de 3º da ESO acadaron o 1º e 2º posto na II Olimpíada de Xeografía Junior de Galiza que se celebrou na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
- APIs de Blogue
- Leer máis
VISITA AO CIQUS
O día 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de ciencias e máis algún da materia de CAAP de 4º ESO e de CTMA de 2° de Bac (ciencias sociais), coñeceron de primeira man o que é e o que se está a facer no CiQUS.
Velaquí a nosa visita!!
- APIs de Blogue
Éxito do equipo Marusia de ximnasia rítmica de Allariz
O equipo de ximnasia rítmica Marusia na súa sección de Allariz que adestran no noso centro, obtiveron os seguintes resultados no 4° torneo interescuelas celebrado en O Carballiño:
- APIs de Blogue
- Leer máis
Viaxe a FUTUROSCOPE
BONNE NOUVELLE !!!
O mércores 14 de xullo - le 14 juillet en France, la Fête nationale ;-) -
Halcón Viajes autorizou o reembolso das cantidades pendentes de pago.
O ingreso faráse nas mesmas contas que o primeiro pago.
Comprobade que o recibides. Pode tardar algunha semana.
- APIs de Blogue
- Leer máis
Actividades extraescolares os mércores pola tarde
Os mércores pola tarde, de 16:00 a 17:40 teñen lugar múltiples actividades para o alumnado de carácter artístico e científico: Obradoiro de radio, Obradoiro de ciencia, Obradoiro de creatividade e expresión artística, SER-CON, proxecto desenvolvido pola bailarina Nuria Sotelo con danza e audiovisuais nun proxecto inclusivo.
- APIs de Blogue
- Leer máis
Actividades extraescolares 2018-19
Dende esta páxina queremos animar a tódo o alumnado do centro a participar nas diferentes actividades extraescolares que neste curso 2018-19, se desenvolven tódolos mércores pola tarde nos horarios que abaixo se indican dende inicios de outubro ata xuño. Entre as actividades que se ofertan atópanse as seguintes:
VOLEY
- APIs de Blogue
- Leer máis
O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FESTA DO BOI
Como todos os anos, cando chega a Festa do Boi a Allariz, o alumnado de primaria e secundaria, participa nas diversas actividades de tipo cultural que hai durante a semana da Festa.
Comezan na Procesión do Xan de Arzúa, onde desfilan o gremio dos Xograres e Trobadores, acompañados doutros elementos como a Tarasca...que é levada por rapaces.
Logo o luns faise un "Roteiro histórico do Boi" en clave humorístico.
O mércores, alumnos de primaria e secundaria protagonizan a representación teatral en monicreques da festa, que este ano ademais estivo acompañada dunha "Procesión infantil" con batucada.
O xoves o maiores axudan aos maís novos a atopar pistas no xogo do "Pista Boi".
Ademais, este ano algúns alumnos de bacharelato, 4º e 3ª ESO acudiron ás Tertulias Literarias en galego sobre o libro de Berta Dávila, "O derradeiro libro de Emma Olsen", e deixaron a súa pegada na cidade, xa que amosaron que o gusto pola lectura pode ir unido ao gusto pola festa e a tradición.
QUEDADA LITERARIA IES ALLARIZ CEIP O ROSAL
O día 27 de abril, o alumnado pertencente aoClub de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
Pola mañá, puideron coñecer Santa Mariña de Augas Santas.
Pola tarde, visitaron Allariz, acompañados do noso alumnado do club de lectura e colaborador da biblioteca e tamén de PMAR, e dos profes, Sergio, Laura e María.
Esta visita foi especial, xa que comezou cunha comida compartida na Acearrica e os guías foron os nosos rapaces que ían interactuando cos visitantes, compartindo poemas e traballos feitos en ambos centros sobre a obra de Manuel María.
Un día inesquecible para os dous centros.
Desde o Rosal enviáronnos ESTE VÍDEO moi fermoso que explica como foi a xornada.
Mil grazas aos rapaces e profes que nos acompañaron e nos fixeron disfrutar antes e despois da súa presenza e do seu traballo.