Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Actividades extraescolares os mércores pola tarde
Os mércores pola tarde, de 16:00 a 17:40 teñen lugar múltiples actividades para o alumnado de carácter artístico e científico: Obradoiro de radio, Obradoiro de ciencia, Obradoiro de creatividade e expresión artística, SER-CON, proxecto desenvolvido pola bailarina Nuria Sotelo con danza e audiovisuais nun proxecto inclusivo.
SER - CON. PROXECTO DE CREACIÓN ARTÍSTICA INCLUSIVA E MULTIDISCIPLINAR Este proxecto desenvolvido pola bailarina Nuria Sotelo, realizarase unha creación de fusión de danza, música e audiovisuais que se levará a cabo no noso centro e noutras instalacións do Concello de Allariz. Destínase ao alumnado de 3ºESO, 4º ESO e 1º Bacharelato.
OBRADOIRO DE RADIO Obradoiro dirixido por técnicos de Radio Allariz co obxectivo de que o alumnado participante adquira os coñecementos básicos do funcionamento da radio e posteriormente poñer en marcha un programa que se difundirá desde o centro ou desde as instalacións de Radio Allariz con periodicidade quincenal ou mensual; en cada programa trataranse e debateranse diversas posturas sobre un tema de actualidade.
OBRADOIRO DE CIENCIA Esta actividade está dirixida ao alumnado do centro que queira participar pero en especial queremos animar ao alumnado de 1º de ESO. O obxectivo desta actividade é a de fomentar as vocacións nas STEM entre o alumnado, ademais de dar a coñecer o método científico como base de actuación na adquisición de novos coñecementos. Tamén se pretende argumentar mediante experimentación algúns dos coñecementos que adquiren nas materias STEM durante o curso. Esta actividade está coordinada por José Antonio Alonso Piñeiro, Vicedirector e membro do departamento de Ciencias Naturais.
OBRADOIRO DE CREATIVIDADE E EXPRESIÓN ARTÍSTICA Esta actividade está dirixida ao alumnado do centro con inquietudes artísticas, coordinadas por profesorado do EDLG no que se abordarán diversas accións como encontros con escritores/as, obradoiros de regueifas, teatralizacións, elaboración de vídeos, creacións literarias e artísticas … Esta actividade estará coordinada por Cathia Capelán Díaz do departamento de Lingua Galega.
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir