Skip to Content
 

 

   

 

 

Acceso ás programacións do ano académico 2024-25

 

 

Premendo nesta ligazón  poderán acceder ás programacións dos departamentos do centro 

Unha vez dentro, e logo de introducir o nome do centro e o resto dos campos accederán á que sexa do seu interese.

Información sobre o proceso de renovación do Consello Escolar.

 

 

A Xunta Electoral, constituída con data 25 de outubro de 2024, e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

 

 

• Día 30 de outubro:

  • Publicación e comunicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais, alumnado e persoal non docente.

  • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados (taboleiro informativo do centro).

  • Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.

• Do 30 de outubro ao 6 de novembro:

  • Período de reclamacións ao censo ante a Xunta Electoral.

  • Prazo de presentación de candidaturas, utilizando o presente formulario na secretaría do centro (ata as 14:00 horas) ou de forma telemática mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: ies.adormideras@edu.xunta.gal

• Día 7 de novembro (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral):

  • Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.

  • Aprobación definitiva censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

  • Aprobación de modelo de papeletas dos distintos actos electorais.

  • Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos elixidos de dita circunstancia.

• Día 18 de novembro: Celebración das votacións de:

  • Profesorado, das 11:20 h ás 11:45 horas.

  • Alumnado, das 12:00 h ás 14:00 h.

  • PAS, das 14:15 h ás 14:30 horas.

  • Pais, nais ou representantes legais, das 16:30 h ás 19:00 h.

• Día 22 de novembro (Celebración da última reunión da Xunta Electoral): 

  • Proclamación de candidatos electos.

  • Traslado ao delegado territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional das copias de actas das votacións efectuadas.

(Véxanse as correspondentes convocatorias nos arquivos achegados)

Calendario de pendentes 2024-25. Primeiro parcial

Publicadas as datas dos exames do primeiro parcial de pendentes.

 

 

Ver aquí.

Presentación alumnado

Publicado o horario de presentación do curso 2024-25

 

VerAQUÍ

Relación de libros de texto para o ano académico 2024-25

Modificación na listaxe de libros de texto para o ano académico que comeza.

O libro de Lingua e Literatura Galega de 2º de Bach. que figuraba como "non mercar ata falar coa profesora ou profesor a principio de curso", si debe mercarse.

Ver  aquí

Premio Es de libro

O equipo formado por Anxo, Daniel e Lola, coordinados pola súa profesora de Historia, Lucía Sáez Baquedano, ven de acadar o 1º premio no concurso Es de libro, organizado por CEDRO, co seu traballo de investigación sobre o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o xoves 27 de xuño, desde a Biblioteca Nacional e poderá verse en streaming desde aquí.

 

Matrícula alumnado 2024-25

Calendario de matriculación para o vindeiro ano académico. Consultar aquí.

 

Avaliación extraordinaria de 1º de Bacharelato.

  • Último día de clase: martes, 18 de xuño.
  • Xuntas de avaliación: martes, 25 de xuño. Publicación das notas en Abalar o martes, 25 de xuño ás 17:00 horas.
  • Atención ao alumnado: Mércores, día 26 de 9:35 a 14:15 horas. Ás 10:30 entrega dos boletíns en papel nas aulas de cadansúa titoría.
  • Reclamacións ante o centro: 27 e 28 de xuño, ata as 14:00 h. na secretaria do centro.
  • Resolución ás posibles reclamacións e comunicación á persoa interesada: luns, 1 de xullo, ás 13:30 horas.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: martes, 2 e mércores, 3 de xullo, ata as 14:00 horas na secretaría do centro.

 

Modelo de reclamación ante o centro

 

Modelo de reclamación ante a Xefatura Territorial

Avaliación final da E.S.O.

  • Último día de clase: venres, 21 de xuño
  • Entrega de notas: mércores, 26 de xuño, ás 14 horas, a través de AbalarMóbil.
  • Atención ao alumnado: xoves, 27 de xuño, de 9:35 a 14:00 horas. Ás 10:30 horas entrega dos boletíns en papel nas aulas de cadansúa titoría.
  • Reclamacións ante o centro: 27 e 28 de xuño, ata as 14:00 horas na secretaría do centro.
  • Resolución ás posibles reclamacións e comunicación á persoa interesada: luns, 1 de xullo, ás 13:30 horas.

 

Modelo de reclamación ante o centro

 

Modelo de reclamación ante a Xefatura Territorial

Calendario de preinscripción no Sistema Universitario de Galicia

 Ver toda a información sobre o calendario de preinscripción no Sistema Universitario de Galicia aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut