Skip to Content
 

 

   

 

 

Orientación

Departamento de Orientación

Bolsas do MEFP para o curso 2023/2024

 

 

 Ministerio de Educacion y Formación Profesional | Ministerio de Universidades

 O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Universidade de Vigo)

Atópase publicada a convocatoria de probas físicas para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o curso 2023/202 da Universidade de Vigo.

Podes acceder a toda a información relacionada con estas probas premendo na imaxe

Inicio | Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

 

Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP 2023)

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña xunto coa Universidade da Coruña organiza as “XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E PROFESIONAL - XOUP 2023” nas que tamén colaboran as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, os centros de FP da cidade e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
 
As datas de celebración son as seguintes:
  • Do 20 ao 24 de marzo presentación dos estudos universitarios na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña). Tamén haberá unha mesa sobre os estudos militares e de policía.
  • Do 27 ao 30 de marzo visitas aos centros públicos de FP da cidade para coñecer a oferta de ciclos formativos.
  • O 30 de marzo presentación dos Estudos Superiores de Deseño, Arte dramática e Restauración na EASD Pablo Picasso.
No seguinte enlace poden ver toda a información relativa á edición deste ano, e o enlace á ficha de inscrición que estará aberto do 6 ao 16 de marzo.
 
 
Destacar as seguintes novidades na edición deste ano:
  • A inscrición faina directamente a persoa que vai a asistir ás Xornadas, para esto deben de facilitar un correo electrónico de contacto que será ao que lle enviarán as credenciais para acceder ás XOUP. No caso de precisar facer algún cambio na solicitude poderán facelo empregando a clave que se lle facilita ao correo electrónico, unha vez que fai a inscrición inicial.
  • Este ano non enviaremos trípticos aos centros, xa que imos optar pola edición dixital. O que sí faremos é enviar algúns cartaces para a difusión das XOUP no centro. Este documento ten un código QR que permite o acceso directo á información do programa na web de educación.
  • O espazo de celebración das mesas universitarias é diferente do doutros anos. Realizaranse na Escola Técnica Superior da Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, ubicada no Campus de Elviña.
  • As mesas universitarias que se imparten na semana do 20 ao 24 de marzo vanse grabar e emitir con posterioridade no canal de YouTube da Concellaría de Educación @CorunaEducaMemoria

II Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol (UDC)

 

Universidade da Coruña

 

O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 14 de ABRIL de 2023, a II Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

 

Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...) 

 

O alumnado ou público participante poderá elixir UN dos TRES itinerarios propostos: 

  1. Ciencias da Saúde: 
    1. Facultade de Enfermaría e Podoloxía  
      1. Grao en Enfermaría  
      2. Grao en Podoloxía  
         
  2. Ciencias Sociais e Xurídicas 
    1. Facultade de Humanidades e Documentación 
      1. Grao en Xestión Industrial da Moda 
      2.  Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación  
      3. Grao en Relacións Internacionais 
    2. Facultade de Ciencias do Traballo 
      1. Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 
  3. Enxeñaría 
    1. Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol 
      1. Grao en Enxeñaría Mecánica  
      2. Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 
      3. Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 
      4. Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica 
      5. Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL) 
      6. Grao en Enxelaría Electróncia Industrial e Automática 
      7. GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso) 
    2. Escola Universitaria en Deseño Industrial 
      1. https://estudos.udc.es/gl/study/start/771G01V01 " href="https://estudos.udc.es/gl/study/start/771G01V01" rel="noopener noreferrer" target="Yg92MZGh4QlUhKA-el_vLyy" data-auth="NotApplicable" data-linkindex="13" data-loopstyle="link" data-safelink="true">Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto 

INSCRICIÓNS na II Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol, antes das 14:00 horas do venres 31 de marzo de 2023, na seguinte ligazón:

https://forms.office.com/e/eaVWsjuD8P

Guía de orientación académica para o alumnado de 4º de E.S.O.

Preme na imaxe para acceder ao documento

Distribuir contido


by Dr. Radut