Skip to Content
 

 

   

 

 

Información CIUG

Calendario de preinscripción no Sistema Universitario de Galicia

 Ver toda a información sobre o calendario de preinscripción no Sistema Universitario de Galicia aquí.

ABAU 2024

 

 

     Trámites a facer logo de rematar 2º de Bacharelato: 

  • Pago das taxas para a expedición do Título de Bacharelato.

MOI IMPORTANTE: a data de pago debe ser sempre posterior á data de avaliación final. Recoméndase facer o pago o día 14 de xuño (só o alumnado que supere todas as materias)

 

1.- Modelo de autoliquidación: Pódese confeccionar online seguindo esta ligazón. (ver importe a pagar).

      1. Prema en modelo A1: Autoliquidación de taxas.
      2. Iniciar taxa.
      3. Prema no cadeado aberto e siga os pasos.
      4. Pode realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial nunha entidade bancaria. Pódese tamén retirar o impreso no centro e ir pagar ao banco. Ver aquí cómo cubrilo 
      5. En calquera dos casos, debe presentar o xustificante de aboamento de taxas no centro, polo que é imprescindible que, no caso  de optar polo pago online, se descarguen os resgardos para a administración e o interesado  e non só o xustificante de pago.

2.- Fotocopia de DNI.

3.- Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso)

 

  • Prematrícula nas ABAU.

Datas:

14 de xuño no horario que segue:

2º A de 08:30  a 10:30

2º B de 10:30 a 12:30

2º C de 12:30 a 14:00          

 

 

17 de xuño no horario que segue:

2º D de 08:30 a 10:30

2º E de 10:30 a 12:30

2º F e G de 12:30 a 14:00

 

 

 

Documentación a presentar:

 

                    1. Fotocopia do DNI.
                    2. Xustificante de ter aboadas as taxas do título.
                    3. Impreso de prematrícula ABAU
                    4. Impreso de taxas ABAU

 

a.-Imprimindo o modelo por triplicado. Aboando o que corresponda na entidade bancaria e presentando no centro os xustificantes de pago.

¿Cómo aboar as taxas?

b.- A través da aplicación nerta.* ver instrucións aquí.

¿Qué é Nerta? É a aplicación na que realizar os trámites relacionados coa ABAU. Instrucións Nerta 2024

 

Para facer o pago online a través de Nerta debe pasarse antes polo centro para que se inclúa ao alumno/a na aplicación (Non se pode facer o pago online sen estar dada/o de alta).

 

 

 

 

Atención ás reducións de pago nas taxas:

     Os membros de Familias Numerosas (1a - 2a Categoría Xeral e de Honra – Especial) deberán achegar, no momento da matrícula, fotocopia

cotexada do título de Familia Numerosa.

     O persoal das universidades do SUG (os seus fillos, cónxuxe ou persoa de análoga relación) beneficiarios de matrícula gratuíta, deberán

acreditar a súa vinculación á universidade mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e, no seu caso, ademais por medio da

fotocopia do título de Familia.

     A condición de persoa con discapacidade(≥ 33%), de vítima de acto terrorista ou de vítimas de violencia de xénero acreditarase coa

correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición correspondente que deberá presentarse, necesariamente, no

 prazo de matrícula fixado, para que teña eficacia.

 

 

  • Documentación informativa:

Convocatoria Ordinaria das ABAU

Horario das ABAU

Información CIUG

Ponderacións 2023-24

Protocolo ABAU

 

 

Calendario final de 2º de Bacharelato.

  • Último día de clase: venres, 7 de xuño.
  • Exames da convocatoria ordinaria: luns 10, martes 11 e mércores 12 de xuño. Ademais, nestas datas, realizaranse os exames da convocatoria extraordinaria de pendentes de 1º Bac.
  • Avaliación final e entrega de notas: 13 de xuño,  publicación en  Abalar ás 22:00 horas. Entrega dos boletíns o 14 de xuño, ás 11:20 horas, nas aulas de referencia.
  • Atención ao alumnado: 14 de xuño de 10:30 a 14:15 horas.
  • Reclamacións ante o centro: 17 e 18 de xuño (ata as 14:00 horas en secretaría)
  •  Resolución das posibles reclamacións e comunicación á persoa interesada: mércores, día 19 de xuño ás 13:30 horas.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: Xoves, 20 e venres, 21 de xuño (ata as 14:00 horas en secretaría)

 

 

  • Prematrícula nas ABAU: 14 e 17 de xuño en horario a determinar para cada grupo.
  • Reunión previa co alumnado matriculado nas ABAU: luns 3 de xuño ás 11:30 horas.

 

  • ABAU: 2, 3 e 4 de xullo (martes, mércores e xoves)
Distribuir contido


by Dr. Radut