Skip to Content
 

 

   

 

 

Premios e recoñecementos

Premio Es de libro

O equipo formado por Anxo, Daniel e Lola, coordinados pola súa profesora de Historia, Lucía Sáez Baquedano, ven de acadar o 1º premio no concurso Es de libro, organizado por CEDRO, co seu traballo de investigación sobre o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o xoves 27 de xuño, desde a Biblioteca Nacional e poderá verse en streaming desde aquí.

 

Xiana Pedreira, 2ª nota máis alta da cidade en ABAU

 

 

A alumna recén graduada en 2º de Bacharelato, Xiana Pedreira, acada a segunda nota máis alta da cidade na recente ABAU. Pódese ler a noticia completa no xornal La Opinión.

 

Novo éxito na Olimpíada de Física, outro ano máis!

 

O alumno de 2º de bacharelato do noso instituto Santiago García García, foi seleccionado para representar a Galicia na Olimpíada Española de Física deste ano 2024, despois de celebrarse a fase autonómica organizada polas Universidades galegas o pasado venres 15 de marzo, na que Santiago conseguiu un fenomenal segundo posto pola Universidade de A Coruña.

Olimpiada de Física

Éxito, unha vez máis, do noso alumnado na Olimpiada de Física.

Acceder ao texto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut