|
|
|
|
|
GALERÍA |
A Xunta Electoral, constituída con data 25 de outubro de 2024, e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:
• Día 30 de outubro:
Publicación e comunicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais, alumnado e persoal non docente.
Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados (taboleiro informativo do centro).
Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.
• Do 30 de outubro ao 6 de novembro:
Período de reclamacións ao censo ante a Xunta Electoral.
Prazo de presentación de candidaturas, utilizando o presente formulario, na secretaría do centro (ata as 14:00 horas) ou de forma telemática mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: ies.adormideras@edu.xunta.gal
• Día 7 de novembro (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral):
Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
Aprobación definitiva censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
Aprobación de modelo de papeletas dos distintos actos electorais.
Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais e comunicación aos elixidos de dita circunstancia.
• Día 18 de novembro: Celebración das votacións de:
Profesorado, das 11:20 h ás 11:45 horas.
Alumnado, das 12:00 h ás 14:00 h.
PAS, das 14:15 h ás 14:30 horas.
Pais, nais ou representantes legais, das 16:30 h ás 19:00 h.
• Día 22 de novembro (Celebración da última reunión da Xunta Electoral):
Proclamación de candidatos electos.
Traslado ao delegado territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional das copias de actas das votacións efectuadas.
(Véxanse as correspondentes convocatorias nos arquivos achegados)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Información_Eleccións_Consello_Escolar_Asinada.pdf | 248.96 KB |
Modelo_Candidatura.pdf | 152.26 KB |
Convocatoria_Sector_PAS_Asinada.pdf | 325.34 KB |
Convocatoria_Sector_Alumnado_Asinada.pdf | 299.67 KB |
Convocatoria_Sector_Pais_Nais_Asinada.pdf | 308.63 KB |
Convocatoria_Sector_Profesorado_Asinada.pdf | 336.23 KB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |