Skip to Content

Actividades extraescolares

Recreos arrepiantes 2019

A semana do 11 ao 15 de novembro celebráronse no noso centro os recreos arrepiantes, que, como xa sabedes, consisten en lecturas ou visionado de curtas de terror na biblioteca do centro, durante os recreos. O martes, abriron a actividade os realizados en galego, o xoves en inglés e o venres pecharon esta experiencia os de lingua castelá. Realmente algúns dos contos creados por compañeiros e compañeiras nosos daban moito medo e algunha curta tamén; aínda que outras provocaban máis risa ca terror. De todos xeitos, cremos que a experiencia pagou a pena e desde o EDL do noso centro animávosvos a participar en actividades coma esta. 

Aquí vos deixamos o enlace a ver se algún de vós se atopa por aquí.

Visita a Santiago co alumnado de 1º

Os Departamentos de Relixión e Sociais organizaron unha visita didáctica a Santiago de Compostela o 5 de novembro con 1º ESO. Velaiquí as fotos:

Extraescolares 2019/20

O curso 2019/20 viuse moi afectado pola suspensión de aulas debida á COVID 19. Se queredes coñecer os detalles de cada actividade, podedes mirar a nosa Memoria Extraescolares 2019/20 e o anexo de actividades.

Ata o peche das aulas, os grupos de traballo de Extraescolares estaban funcionando de acordo co esquema de traballo que inserimos a continuación:

 

A pesares do confinamento, non deixou de traballarse en proxectos interdisciplinares como o Erasmus Green New School ou o Club de Ciencia. A nivel particular de cada departamento, desenvolvéronse as seguintes actividades:

 

Extraescolares

 

O Equipo de Extraescolares 2023/24 está coordinado pola profesora Céline Magguilli.

Desde esta páxina podes acceder a un rexistro das actividades de cursos pasados. Ademais, temos ducias de álbumes no Flickr da Cachada e os vídeos de cada ano na nosa canle de Youtube, Cachavídeo. Para estar actualizado no día a día, síguenos nas nosas redes sociais: Twitter, Facebook, Instagram e TikTok ou no Blog Xanela. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut