O curso 2019/20 viuse moi afectado pola suspensión de aulas debida á COVID 19. Se queredes coñecer os detalles de cada actividade, podedes mirar a nosa Memoria Extraescolares 2019/20 e o anexo de actividades.
Ata o peche das aulas, os grupos de traballo de Extraescolares estaban funcionando de acordo co esquema de traballo que inserimos a continuación:
A pesares do confinamento, non deixou de traballarse en proxectos interdisciplinares como o Erasmus Green New School ou o Club de Ciencia. A nivel particular de cada departamento, desenvolvéronse as seguintes actividades:
Setembro
- Día 27, todo o alumnado: Trash Tag Challenge Barraña ante a chamada de emerxencia climática global (Dpto. Extraescolares - Erasmus).
Outubro
- Día 7, 3º ESO: teatro na Cachada (Dpto. Galego).
- Día 12, todo o alumnado: Magosto.
- Día 15, 4º ESO: teatro na Cachada (Dpto. Galego).
Novembro
- Día 5, 1º ESO: visita a Santiago (Dptos. Relixión e Historia).
- Día 11 a 15 novembro: recreos arrepiantes na Biblioteca, para todo o alumnado (Coordina Dpto. Galego).
- Día 15, 4º ESO: obra teatro Camiños (Dpto. Galego).
- Día 19, 4º ESO: charla do CIM sobre violencia machista (Dpto. Orientación).
Decembro
- Obradoiro de comercio xusto, 4º ESO (Dpto. Relixión).
- Día 17, merenda no Centro de día, alumnado Erasmus (Dptos Biblioteca e Extraescolares-Erasmus). Ver peza de vídeo feita ad hoc "Por que estou a contar esta historia?"
Xaneiro
- Día 16, 4º ESO: concerto en Santiago (Dpto. Música).
- Día 17, 4º ESO: experiencia de emprendemento local e creativo (Dpto. Orientación).
- Día 22, 3º ESO: V Ludi Compostelani (Dpto. Historia, Cultura Clásica).
- Día 30, 4º ESO: saída a centros integrados de FP.
Febreiro
- Días 3-7: fase de acollida a alumnado francés. Proxecto Memorias Cruzadas, 3º ESO (Dptos. Francés e Historia).
- Día 6: carreira solidaria en celebración do Día da Paz (adiárase por mor de condicións climatolóxicas adversas; Dptos. Relixión e Ed. Física).
- Día 10, 4º ESO: visita a IES Espiñeira, Boiro (Dpto. Orientación).
- Día 14, 4º ESO: obradoiro videopoemas Antía Otero (Dpto. Galego).
- Día 14, 4º ESO: visita obradoiro emprego no polígono Boiro (só alumnado Iniciativas Emprendedoras).
- Día 18, 2º ESO: charla de autor na Cachada (Dpto. Lengua Española).
- día 21, todo o alumnado: Entroido (Dpto. Extraescolares e EDL).
- Ó longo de todo o 2º trimestre, concurso literario Máis que palabras (todo o alumnado, organiza Dpto. Galego).
Marzo
- Día 2, 1º ESO: obradoiros megalitismo.
- Días 2-9: fase de viaxe a Francia, proxecto Memorias Cruzadas, 3º ESO (Dptos. Francés e Historia).
- Día 10, 4º ESO: andaina do Camiño de Santiago (Dptos. Relixión e EF).
- Día 12, 1º ESO: charla Apuntámonos a non beber (Dpto. Orientación).
Abril
Maio
- Día 29: III Olimpíada de historia, 4º ESO - online (Dpto. Historia).
Xuño
- Fallo do proceso Lingua Rodada: o noso alumnado quedou finalista coa curta Sabela (Dpto. Extraescolares- Club do Antifás).