Resultado eleccións Consello Escolar 2018

No documento adxunto tedes os resultados das votación a Consello Escolar 2018

Campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes

A partir de hoxe e ata final de ano colabararemos na campaña organizada por Protección Civil de recollida de alimentos e xoguetes. Animádevos a participar!

Actividade sobre o emprendemento

O día 19 de novembro desenvolveuse unha actividade sobre emprendemento á que asistiros os alumnos de 2º curso dos ciclos formativos.

Baixo o título “A actividade emprendedora como chave para o teu futuro”, dentro do programa Eduemprende da Consellería de Educación, dúas personas que deron o salto do traballo asalariado ao traballo autónomo,  explicáronlle aos alumnos a súa experiencia como  emprendedores, facendo fincapé non só nos logros, senón tamén nas dificultades que atoparon ao longo deste camiño. 

 

 

Camiñar para coñecer, coñecer para conservar

As nosas actividades teñen premio. Aldara Nóvoa, que fixo o seu máster de profesorado no noso Centro, preparou o seu traballo de final de máster sobre a importancia que teñen as saídas ao campo na materia de Bioloxía e Xeoloxía. O curso pasado acompañou ao alumnado de 1º ESO e profesorado nunha Saída Didáctica ao Courel programada dentro da campaña: “Camiñar para coñecer, coñecer para conservar”.  Agora acaba de contar esta experiencia no XXXIII Congreso da Enciga que se celebrou os días 15,16 e 17 de novembro en Lalín. Felicitacións para Aldara.

Día da Ciencia en Galego 2018

E un ano máis celebramos o Día da Ciencia en Galego no noso IES. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo. No noso Centro celebramos a Arquímedes como un dos máis grandes científicos europeos de todos os tempos. Celebramos os seus descubrimentos en Física e Matemáticas que cambiaron a historia destas ciencias.

Podedes ver todas as fotos da exposición no noso facebook e tamén aparecemos na páxina oficial dos organizadores: http://www.cienciaengalego.org

Rómpese o Ártico

O alumnado de 3º ESO visitou a exposición: “Rómpese o Ártico”. Alí aprendemos acerca das características físicas e biodiversidade dun dos ecosistemas máis singulares do planeta, así como da súa influencia no clima global. Ademais a exposición tivo sorpresa xa que o guía foi un antigo alumno do Centro que tamén fixo o seu máster de profesorado con nós. Grazas Diego, polas túas ensinanzas e noraboa.

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS A RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

No arquivo adxunto tedes toda a información relativa ao proceso electoral

Aviso

Detectouse un posible uso fraudulento do nome do IES 12 DE OUTUBRO: algunha persoa está a pedir cartos entre os comerciantes do noso barrio para patrocinar un inexistente maratón de fútbol sala. ATENCIÓN: dende o IES 12 DE OUTUBRO non se está a organizar ningún evento deportivo. 

Eleccións a Consello Escolar. Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral

SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

INFORMACIÓN SOBRE ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR (ANO 2018)

Dacordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos, ten que procederse a renovar os membros do Consello Escolar do centro.

No punto 6 doArt. 126 da Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio,Composición do CE en centros de máis de 8 unidades (IES 12 de Outubro --- 27 unidades)

- Directora do centro ( será a presidenta)

- O secretario ( actuará como secretario, con voz pero sen voto.)

- A xefe de estudos.

- 1 representante do PAS Nesta votación elíxense 0

- 1 representante do concello Nomeado polo concello

- 7 profesores Nesta votación elíxense 3

- 3 pais/nais Nesta votación elíxense 2

- 4 alumnos Nesta votación elíxense 0

Art. 41 Decreto 324/1996 “Nos centros que impartan formación profesional específica ou artes plásticas e deseño poderase incorporar ó Consello Escolar, con voz pero sen voto, un representante proposto polas organizacións empresariais ou institucións laborais presentes no ámbito de acción do centro”.

Sorteo público: o próximo venres día 26 de outubro no salón de actos as 11:30 para a designación de membros da Xunta Electoral (titulares e suplentes). A xunta Electoral estará constituída por:

A directora

1 profesor

1 pai/nai de alumnos

1 representante do P.A.S.

1 alumno

Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da mesa electoral.

Por parte da dirección esperamos unha ampla participación, tanto en candidaturas como á hora das votacións. Estamos a súa disposición para resolver calquera dúbida que poidan ter sobre este proceso.

Caseta meteorolóxica. Datos 2018

O ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA PRESENTA os datos da caseta meteorolóxica e o estudo das nubes na campaña de primavera 2018 dentro do proxecto Ríos. Podedes consultar os datos nos documentos que se adxuntan.

Distribuir contido