Historia
Saída didáctica Madrid
O pasado fin de semana o departamento de historia organizou unha saída didáctica a Madrid para coñecer o patrimonio urbanístico e os tres grandes museos da cidade, Prado, Thyssen, e Reina Sofía. A experiencia foi inesquecible para todos. Todo un éxito.
Icons/ Na procura do pasado
O pasado mércores os alumnos de I de Bacharelato (Historia do Mundo Contemporáneo) e II de Bacharelato (Arte) asistiron co departamento de Historia a dúas exposicións que se presentan estes días na cidade. Icons, no centro cultural Marcos Valcárcel, un interesante percorrido pola arte pop con obras de Warhol ou Lichtenstein. E por outra banda, Na procura do pasado, na sede Afundación, co mellor das pezas do Museo Arqueolóxico de Ourense, pechado dende fai anos. Ó rematar aproveitamos a mañán para facer un pequeno roteiro polo Casco Vello da cidade, da Catedral á Porta da Aira, pasando polas Burgas.