Bioloxía e xeoloxía

Zumba en Anatomía Aplicada

Practicamos zumba na clase de anatomía aplicada como exemplo de exercicio aeróbico para aprender que o movemento forma parte das persoas e representa unha condición fundamental non só para o desenvolvemento físico, senón tamén para o desenvolvemento intelectual e socio afectivo. Na actividade estivemos acompañados polo alumnado de Educación Física de 2º da ESO.

Día da Ciencia en Galego 2019

E un ano máis celebramos o Día da Ciencia en Galego que xa vai pola edición número X. Este ano dedicado a Táboa Periódica e as Linguas Indíxenas. De momento aí vai un aperitivo: o noso alumnado de 4ª de ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de Cultura Científica deseñou camisetas para cada un dos 118 elementos que compoñen a Táboa Periódico. No salón de actos do noso Centro intentamos reproducila coa colaboración do alumnado de 2º e 3º da ESO, de profesorado e tamén dos nosos conserxes. A fotografía reflicte o divertido do noso experimento. E aquí non acaba todo, seguimos coas actividades de conmemoración do dereito a gozar da ciencia en galego. Seguiremos informando… 

Proxecto Ríos

E un ano máis continuamos co Proxecto Ríos. A finais do mes de outubro fixemos a nosa saída de outono co alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO para obter datos acerca da saúde do tramo do río Loña que foi adoptado polo noso Centro. 

Factores do movemento en Anatomía Aplicada

Traballamos de xeito práctico os factores do movemento: coordinación, equilíbrio e ritmo nas clases de anatomía aplicada a través dos bailes do mundo.

Corredor verde de insectos

E continuamos este curso co noso proxecto “Corredor verde de insectos” para o alumnado de 1º ESO. Con Zoe e Fer, monitores de Sustinea, pasamos un rato do máis divertido aprendendo de forma amena acerca da importancia dos insectos no proceso de polinización.

Camiñar para coñecer, coñecer para conservar

As nosas actividades teñen premio. Aldara Nóvoa, que fixo o seu máster de profesorado no noso Centro, preparou o seu traballo de final de máster sobre a importancia que teñen as saídas ao campo na materia de Bioloxía e Xeoloxía. O curso pasado acompañou ao alumnado de 1º ESO e profesorado nunha Saída Didáctica ao Courel programada dentro da campaña: “Camiñar para coñecer, coñecer para conservar”.  Agora acaba de contar esta experiencia no XXXIII Congreso da Enciga que se celebrou os días 15,16 e 17 de novembro en Lalín. Felicitacións para Aldara.

Día da Ciencia en Galego 2018

E un ano máis celebramos o Día da Ciencia en Galego no noso IES. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo. No noso Centro celebramos a Arquímedes como un dos máis grandes científicos europeos de todos os tempos. Celebramos os seus descubrimentos en Física e Matemáticas que cambiaron a historia destas ciencias.

Podedes ver todas as fotos da exposición no noso facebook e tamén aparecemos na páxina oficial dos organizadores: http://www.cienciaengalego.org

Rómpese o Ártico

O alumnado de 3º ESO visitou a exposición: “Rómpese o Ártico”. Alí aprendemos acerca das características físicas e biodiversidade dun dos ecosistemas máis singulares do planeta, así como da súa influencia no clima global. Ademais a exposición tivo sorpresa xa que o guía foi un antigo alumno do Centro que tamén fixo o seu máster de profesorado con nós. Grazas Diego, polas túas ensinanzas e noraboa.

Caseta meteorolóxica. Datos 2018

O ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA PRESENTA os datos da caseta meteorolóxica e o estudo das nubes na campaña de primavera 2018 dentro do proxecto Ríos. Podedes consultar os datos nos documentos que se adxuntan.

Distribuir contido