Orientación

Orientacións académicas

Dende o Departamento de Orientación poñen á disposición de todo o alumnado unha serie de presentacións sobre a estructura dos cursos, materias, optatividade, itinerarios...Sería interesante que consultedes o seguinte curso que estades a realizar neste momento. Deste xeito, un alumno que neste momento curse 2º ESO pode botarlle unha ollada ó que vai ter en 3º ESO...

Podedes consultar nos arquivos adxuntos que figuran a continuación.

Plan de convivencia

O Plan de Convivencia debe propiciar cambios positivos nos modelos de organización escolar, nos currículos, no profesorado, na formación permanente deste, no alumnado, nas relacións coas familias; é dicir, no contexto xeral dos centros escolares, concíbese como un instrumento destinado a facer dos centros educativos un espazo para a aprendizaxe da resolución pacífica dos conflitos e da convivencia democrática.

Distribuir contido