COMICS 3º ESO B

O alumnado de 3º ESO B elaborou distintos COMICS que podedes ler  pinchando  en cada título:

-Amaya e Paula; Aprincesa “namorada”

-Inés e Sabela; : Ruidos extraños 

-Esther e Andrea A.; Un susto particular

-Carolina e Iago; Todo o que sube, baixa

-Ainoa e Carla; O enlace perfecto

-Martín e Lucía; Lee Seen, o ladrón patosa:

-Joel e Brais; Vacacións no aeroporto:

 -Ángel, María e Andrea S; Endemoniado

Entrega de cestas sorteo proviaxe Berlín 2018

O 22 de decembro fíxose entrega das cestas de Nadal que se sortearon para recadar cartos para a viaxe didáctica a Berlín e o campamento de inmersión lingüística de Inglés. Os boletos gañadores foron aqueles cuxos números coincidiron coas catro últimas cifras do sorteo da once do 21 de decembro. O alumno que vendeu un destes boletos foi Aarón Gato Rodríguez de 1º Bacharelato B. O outro boleto non foi vendido, polo que ao quedar deserto o premio, a cesta foi doada á Cruz Vermella de Ourense. Nas fotografías a vicedirectora do noso IES é unha das profesoras que participan nestas actividades fan entregan das cestas aos afortunados.

VIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

E unha vez máis celebramos no Centro o Día da Ciencia en Galego, e xa vai o oitavo. Este ano 2017, Ano Internacional do Turismo Sostible, preparamos 2017-Viaxes pola Ciencia: construímos un mapa xigantesco para celebrar os Viaxes do Beagle, repasamos a vida e obra de Domingo Fontán autor da Carta Xeométrica, fixemos o noso Camiño de Santiago particular, investigamos debuxos xigantes como os de Nazca, preparamos información sobre viaxes sostibles pola nosa Galicia, e xeorreferenciamos o noso insti e outros lugares de interese.

A biblioteca preparou un marcapáxinas conmemorativa que recibiu todo o noso alumnado.

 

E para rematar a celebración visitounos ese día o  doutor Anxel Carracedo, científico que defende o emprego do galego en divulgación, porque o único xeito de emocionar é usar a propia lingua. Carracedo ofreceunos a conferencia: “CSI: made in Galicia”. CELEBRANDO POR TODO O ALTO

 

 

PROXECTO RÍOS: CAMPAÑA OUTONO-2017

E como todos os cursos saímos na busca dos datos do río Loña para a campaña de outono 2017. O  noso alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º ESO e de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º BACH traballou toda a mañá para elaborar un diagnóstico da saúde dos últimos 500 m do río. Os datos e as fotos foron enviados para formar parte do informe anual que ADEGA emite sobre a saúde dos ríos galegos.

Podedes ver todas as fotos desta saída no noso facebook

 

Contratación da cafetería

Nos arquivos adxuntos está toda a información para optar á adxudicación da cafetería do noso centro

Resumo oferta formativa

No seguinte enlace tedes un vídeo resumo da nosa oferta formativa

Preme aquí

ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS. PLAZAS LIBRES

PLAZAS LIBRES PARA EL CURSO AFD DEL CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD: MECANIZADO POR ARRANQUE DE LABRA. Interesados presentarse en el Centro ANTES DEL MARTES 14 DE MARZO para REALIZAR LA PETICIÓN DE ADMISIÓN

ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS

Avda. Habana, 79-6º     32004  OURENSE

Tlfs. 988 386 103 / 988 386 104

 

 I.E.S. 12 DE OUTUBRO 

Av. de Santiago, 2

32001 Ourense

Teléfono: 988788211

12octubreafd@gmail.com 

 

 

 

 

Pinchando sobre cada curso tedes toda a información e planificación

FAMILIA DE FABRICACIÓN MECÁNICA

 

 

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE:

FMEH0109-MECANIZADO POR ARRANQUE DE LABRA

 

 

 

FAMILIA DE ELECTRICIDADE-ELECTRÓNICA

 

 

ELEM0311- MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DE AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL

 

FAMILIA DE IMAXE PERSOAL

 

 

 

Saída didáctica Madrid

O pasado fin de semana o departamento de historia organizou unha saída didáctica a Madrid para coñecer o patrimonio urbanístico e os tres grandes museos da cidade, Prado, Thyssen, e Reina Sofía. A experiencia foi inesquecible para todos. Todo un éxito. 

Distribuir contido