Os lectores poden acceder aos libros depositados nos estantes, dar unha vista de ollos, examinalos ou consultalos directamente, procurando devolvelos ao seu lugar, seguindo as normas establecidas para a súa clasificación. Estas estarán expostas de maneira visíbel, e ante calquera dúbida consultarán á persoa encargada. É de obrigado cumprimento tentar manter o silencio, procurando non incomodar os demais usurios tanto dentro do local como nos lugares próximos
|
|
As persoas usuarias deben evitar a introdución de alimentos ou bebidas na Biblioteca. Responsabilizaranse dos danos, perdas ou demoras nos usos do material bibliográfico. Absteranse de prestar a terceiras persoas o material documental. Non deben de alterar os contidos do material bibliográfico (como subliñar ou anotar na marxe, entre outros). Evitarán os traballos en grupo que alteren o ambiente propio do espazo da biblioteca.
Para dispor de acceso ao préstamo de libros a domicilio é preciso ser alumn@ do centro. Non se prestarán obras de consulta, dicionarios, enciclopedias, atlas, nin tampouco revistas.
|
|
Os alumn@s poderán retirar como máximo tres libros cada vez. A duración do préstamo será de tres días para os libros de texto e de dúas semanas, prorrogabeis por outro período de igual duración, para os libros de lectura, sempre e cando o libro prestado non for solicitado por outro lector, ou interveñan outras circunstancias que así o aconsellen. Neses casos o período de préstamo poderase reducir.
|
A demora na devolución pode orixinar a prohibición de solicitar préstamos durante un período variábel. O deterioro dos libros ou a perda destes, obrigará o lector beneficiario do préstamo ao pago dos gastos que orixinar a reparación ou á compra dun novo exemplar. Cando algún libro for moi solicitado e non se dispoñan de suficientes exemplares para atender a todas as peticións, poderase rebaixar a duración do préstamo a sete días, sen dereito a prórroga.
|
Descarga de documentos de Normas e Préstamos: