Skip to Content

Probas de Avaliación Inicial (PAI)


Estas probas facilitan o acceso a os estudos correspondentes á Educación Primaria (EBI) ou á Educación Secundaria (ESA).

A realización destas probas ten como obxectivo avaliar a competencia curricular do alumnado para escoller a mellor ubicación nun determinado nivel favorecendo a posterior evolución académica. É un xeito de facilitar o acceso ao sistema educativo a quen non conte con documentación dos estudos previos realizados.

Lévanse a cabo catro convocatorias nos meses de setembro, outubro, xaneiro e marzo onde se avalian coñecementos e competencias das materias que posteriormente se cursarán na Educación Primaria ou na Secundaria.

Para saber máis poden contactar co Departamento de Orientación

CALENDARIO DE PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL 2024-25

AdxuntoTamaño
PROBAS DE AVAL. INICIAL 2024-25.pdf392.93 KB


page | by Dr. Radut