Información
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación e Ciencia, poñen en marcha unha ampla oferta de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais (internet).
A oferta formativa facilita a oportunidade de actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.
Os prazos de matrícula están abertos todo o ano excepto o mes de agosto. As aulas correspondentes a Centros de Educación de Persoas Adultas, como é o noso caso, permanecerán pechadas durante as vacacións escolares.
Organización:
-
As aulas onde se realizan as actividades de formación. dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, como ordenadores, número de conta en internet para cada alumno, CD-ROM, vídeos, biblioteca, etc., así como un profesor-administrador que axuda aos alumnos nas súas conexións á rede, na comunicación co titor e en todo o que facilite o proceso de aprendizaxe.
-
O horario de asistencia á aula acórdase co profesor-administrador dos centros EPA.
-
O alumno recibe unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial.
-
Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno leva o seu ritmo de aprendizaxe.
-
O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas.
Acreditación
Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Oferta actual de Cursos
Para unha información completa e actualizada accédase á páxina web das Aulas mentor: http://www.mentor.mec.es