Skip to Content

Actualidade

AVISO

CALENDARIO EXAMES

MOI IMPORTANTE: PARA PRESENTARSE AOS EXAMES É IMPRESCINDIBLE A PRESENTACIÓN DO DNI OU PASAPORTE.

 

As solicitudes de cambio de quenda serán no prazo do 18 de novembro ao 3 de decembro e deberán estar debidamente xutificadas 

As solicitudes de cambio de quenda serán no prazo do 28 de outubro ao 12 de novembro e deberán estar debidamente xutificadas 

Hoxe é o dia internacional do patrimonio cultural imaterial

En novembro de 2023 a Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o día 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Imaterial.

 

Ponte nas ondas, asociación galega de patrimonio premiada pola UNESCO celebra o dia internacional do patrimonio avisando das diferentes actividades en Compostela, Ourense e Valença.

 

 

 

 

AVISO

 

MATRICULAS ABERTAS A PARTIR DO 2 DE SETEMBRO

Pode consultar os requisitos de acceso e as condicións de matriculación no apartado correspondente

 

Para consultar os prazos concretos de matrícula

 

 


 

RETALLOS

A revista do noso centro "Retallos" xa saiu publicada,

podedes recoller o voso exemplar pedíndoo en administración

ou tamén podedes vela online aquí;

 Retallos 2024 en PDF

Retallos 2024 en flipbook       

 

Podedes acceder á versión dixital dos números da revista nesta sección:

 

 -----------------------------------------------

 

Na Revista Galega de Ensino sae hoxe un artigo sobre a nosa escola da profesora Concepción González.

Recomendamos a sua lectura para sabermos máis sobre a historia do noso centro

Podedes consultar o artigo directamente aqui: http://www.edu.xunta.gal/eduga/2603/nosa-escola/o-bacharelato-distancia-galicia

Ou no apartado "Sobre nós" da nosa web:A nosa escola, artigo

 

 

 

 ------------------------------------------------

 

 

Discurso de Graduación de 2º de Bacharelato da alumna Ana Suárez Pino

(clique na imaxe para ler completo)


 

Xa a piques de rematar o curso queríamos compartir convosco este fermoso traballo que realizaron as/os estudantes do noso centro. Podedes ver o resultado no Flipbook que elaborou o equipo de dinamización linguística e que en breve estará tamén exposto fisicamente no propio centro.

Actividade que tamén podedes ver através do Equipo de dinamización linguística e do Padlet iguais na diversidade do Plan proxecta

 


 

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES

-É imprescindíbel asistir co DNI/NIE ou pasaporte

-Non se permitirá a entrada despois dos primeiros 30 minutos

MATERIAL NON PERMITIDO

-Teléfonos móbiles, smartwatch ou calquera outro dispositivo electrónico. Está prohibido asistir aos exames con teléfonos móbiles ou dispositivo electrónico algún (excepto calculadora non programable, que non permita resolución de ecuacións nin almacenaxe de datos alfanuméricos, para o ámbito científico tecnolóxico). O uso destes aparellos ou o son dun móbil acendido implica a expulsión do exame e a cualificación de suspenso.
- Ningún tipo de reloxos (haberá un reloxo visíbel na sala de realización dos exames).
- Se ao/á alumno/a se lle sorprende copiando e/ou utilizando medios telemáticos ou dispositivos electrónicos nalgún dos exames, se lle sancionará coa expulsión do mesmo e a cualificación de suspenso.

 


 

Orientación sobre as ABAU

 

 

Podedes acceder á toda a información sobre as probas ABAU 2024 aquí

E aqui toda a documentación necesaria para o proceso de inscrición.

Proceso de inscrición

Pago de taxas

Matrícula no centro

 


 

 

 

ACREDITACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS PARA O ALUMNADO DA EPA EDUARDO PONDAL
Resolución do 29 de abril de 2024

NESTE CURSO 2023-2024 AO REMATAR OS ESTUDOS DA ESA OU BACHARELATO ADQUIRIREDES AS SEGUINTES ACREDITACIÓNS DIXITAIS:
    1. O ALUMNADO QUE REMATE 4º DE ESA TERÁ ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL INICIAL
SE QUERES OBTER A COMPETENCIA DIXITAL INTERMEDIA TES QUE REALIZAR UNHA PROBA ESPECÍFICA PREVIA SOLICITUDE POR ESCRITO NA SECRETARÍA DO CENTRO CON DATA LÍMITE 22 DE MAIO DE 2024.

   
2. O ALUMNADO QUE REMATE BACHARELATO TERÁ
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL INTERMEDIA DE FORMA PARCIAL.
SE QUERES OBTER A COMPETENCIA DIXITAL INTERMEDIA COMPLETA TES QUE REALIZAR UNHA PROBA ESPECÍFICA PREVIA SOLICITUDE POR ESCRITO NA SECRETARÍA DO CENTRO CON DATA LÍMITE 22 DE MAIO DE 2024.


DESCARGAR SOLICITUDE

 PODEDES ACCEDER A UN MODELO DA PROBA  A TRAVÉS DESTA LIGAZÓN


 

 

 


 

Centóns para comemorar Luísa Villalta

O equipo de dinamización preparou unha actividade para as aulas de comunicación de elaboración de Centóns con textos de Luís Villalta, a autora homenaxeada neste 17 de Maio - Día das Letras Galegas.

Podedes ver o resultado no espazo de língua galega do edificiom ou clicando nesta imaxe aquí.

 

 

Para saberdes mais sobre a actividade didáctica a prof.Antia enviou unha presentación sobre o traballo desenvolvido que podedes acceder aquí.

O traballo tamén se encontra xa no Portal da Língua Galega aquí.

Esta actividade está dentro do Plan proxecta+ do noso centro e foi desenvolvida polo Equipo de dinamización linguística

 


 

25 de abril  - Dia da Liberdade

 50 anos da Revolução dos Cravos

Co motivo do 50 aniversario do 25 de Abril o departamento de português realizou unha exposición sobre 8 mulleres destacadas que tiveron a ver coa revolución dos cravos, clique na imaxe ou na sección do Departamento para saber máis

 

Departamento de Lingua Portuguesa

 

 

 

 


 

INFORMACION BOLSAS DE ESTUDO MEC CONVOCATORIA XERAL CURSO
2024/2025

 

 

 

 

Hoxe volve ser un día de reivindicación onde conmemoramos o Día Internacional da Muller.

 

O noso alumnado estivo traballando en diferentes cartaces para este día cos que participaremos no “VII Concurso de carteis 8 de marzo” organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e, a ver se con un pouco de sorte, podemos levarnos algún premio para casa.

 

As titoras para este proxecto foron as compañeiras Antía Cortizas Leira e Ana Camino López e non podemos estar máis felices co traballo realizado.

 

Grazas, compañeiras, por animarvos a participar e guiar o camiño para seguir loitando pola igualdade todas xuntas!

Podedes ver parte dos cartaces clicando aqui

 

e tamén aqui:  o alumnado de 2ºESA mañá traballou para destacar algunhas das grandes mulleres dos diferentes países de orixe do noso alumnado e fixeron unha exposición que se atopa nas escaleiras entre o 1º e 2º andar.

 

actividade inserida dentro do Plan proxecta

 



 

 


 

 

21 de FEBREIRO - DIA DA LINGUA MATERNA

23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO NA EDUCACIÓN

   O 21 de Febreiro célebrase o día mundial da lingua materna e o 23 de Febreiro o día de Rosalia de Castro, por iso, do Equipo de Dinamización Linguística do noso centro, queremos que toda a comunidade educativa participe na votación para escoller a mellor versión musicada moderna dun poema de Rosalía de Castro.
        Para iso so tedes que entrar aquí (ou escanear o QR que hai nos cartaces colgados pola escola), escoitar as instrucións, e comezar a ouvir e desfrutar das diversas propostas musicais con poemas de Rosalia. Para votar tedes que dar entre 1-10 puntos a cada unha delas.


Que gañe a que alcance máis puntos!

PADLET DO 23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO


 

 

 

Este 11 de Febreiro é o

Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia

Desde a materia de Cultura Científica de 1ºbach coa colaboración doutros cursos fixeron unha pequena exposición no primeiro andar onde tedes algunhas das magníficas investigadoras galegas. Poden clicar na imaxe para verdes a exposición ou podedes visitala no 1º andar do noso centro. Non deixedes de ver tamén o o traballo online realizado dentro das celebracións desta semana.   Para que nunca vos perdades nada do que estamos a facer en igualdade visitade regularmente o Padlet de igualdade

 

 


 

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 2º BACH. CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACH

 

AVISOS

Notas ESA 1º cuadrimestre: venres 2 en abalar

Revisións e reclamacións: luns 5, 16:00-19:00 h

                                          martes 6, 10:00-13:00 h


 

Publicada convocatoria das probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024

PROBAS PARA A OBTENCIÓN

DO TÍTULO DE BACHARELATO

Data das celebración das probas:

26 ABRIL 2024

Período de matriculación:

15 ao 28 de Febreiro

Convocatoria no Portal Educativo

da Consellaría de Educación

 


 

Publicada convocatoria de probas libres de ESO

PROBAS LIBRES OBTENCIÓN TÍTULO ESO

 

Data das celebración das probas:

12 ABRIL 2024

Período de matriculación:

 5 ao 21 de Febreiro

Convocatoria no DOG


 Participa!


Exposición - O Amencer da Humanidade

Exposición sobre os primeiros seres humanos en territorio peninsular realizada polo Equipo de Dinamización Linguística co apoio do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Está no segundo andar do noso centro, frente á administración, non deixedes de visitala!

 


ENTREVISTAS NO EPAPU EDUARDO PONDAL

Este domingo foi publicado no La Voz de Galicia un artigo onde se recollen entrevistas ao noso alumnado e profesorado sobre como funciona o noso centro. Podedes ler o texto clicando na imaxe seguinte

 


 

Padlet iguais na diversidade

No noso centro elaboramos un padlet onde se poden ver as diferentes actividades do Plan proxecta Donas de si. Este proxecto serve para poñer de manifesto as diferentes mulleres galegas e doutras culturas que quedaron invisibilizadas ó longo do tempo.

Como é colaborativo, animámosvos a participar no Padlet enviando as vosas opinións e as vosas pesquisas. Tamén iremos informando periodicamente das seguintes actividades  que se vaian realizando.

Clique aquí para acceder ao Padlet iguais na diversidade (non funciona con firefox).

Esta actividade realizase ao abrigo do Plan Proxecta.

 

 

 

DIA DAS ESCRITORAS

Hoxe LUNS/segunda-feira 16 de Outubro é o Dia das Escritoras.

Para celebralo no noso centro foron colocadas en diferentes lugares frases de autoras com Pardo Bazán, Rosalia de Catro ou Rosa Chacel. Alén diso na Bilbioteca podedes procurar un Sombreiro onde encontrar recomendacións de leituras de autoras presentes na nosa biblioteca.

Ademais, na web das Bibliotecas de Galiza hoxe recoméndannos textos de autoras en galego que poden ser accesados directamente desde esta ligazón.E tamén textos de autoras en castelán seleccionados para esta edición.

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 cando se institui este día de celebración búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Nesta VIII edición o tema escollido foi O pracer, a alegría e o riso das mulleres. Como en edicións anteriores, a data escollida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Xesús, o 15 de outubro.  


GRUPOS DE 2º BACHARELATO.

En 2º de Bach, nas materias troncais e polo tanto as que contan con maior número de alumnado, faranse dous grupos na quenda de mañá:

  grupo 1: apelidos do A ao L

   grupo 2: apelidos do M ao Z

En 1º Bach, na materia TIC I, os grupos distribuiranse da mesma maneira

 

 


 

 

Benvidas/os ao cento EPAPU Eduardo pondal

2ªfeira/Luns día once de setembro comezará o período lectivo.

Poden consultar as presentacións de cada nivel educativo clicando na imaxe superior ou neste textoNon se esquezan de formalizar correctamente a matrícula nos prazos correspondentes para cada nivel.  


 



book | by Dr. Radut