Oferta educativa

CURSOS ESPECIALIZADOS: MATRÍCULA ABERTA

Este ano abrimos no primeiro cuadrimestre novos cursos específicos adaptados aos teus intereses:

O prazo de matrícula estará aberto do 3 de xullo ao 15 de setembro. Anímaste a matricularte? Preme na ligazón para saber máis.

CURSOS ESPECIALIZADOS: MATRÍCULA ABERTA

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA PARA CURSOS MONOGRÁFICOS

Se queres matricularte nun dos cursos nosos monográficos de 60 horas poderás facelo do 3 de xullo ao 15 de setembro.

Só terás que seguir estas instruccións:

  • Encher o formulario especificando os teus datos persoais e o(s) curso(s) nos que te queres matricular.
  • Pagar as taxas correspondentes indicadas no formulario.
  • Enviar a documentación requirida (formulario debidamente cumprimentado, copia do DNI e resgardo do aboamento das taxas) ao enderezo electrónico matricula.eoipontevedra@gmail.com.

 Cursos ofertados no primeiro cuadrimestre:

  • Curso de alemán para a competencia comunicativa - Nivel C1.
  • Curso de inglés para o medio forestal (Sección Valle-Inclán).

 Preme aquí para consultar os horarios dos cursos non ordinarios.

 

OFERTA EDUCATIVA

 

Consulte os grupos e horarios do curso 2024-25:

Cursos Ordinarios por idiomas

Cursos non ordinarios

A oferta educativa da Escola Oficial de Idiomas abrangue os seguintes cursos:

  • Cursos ordinarios:

    • Cursos presenciais: 120 horas distribuídas en 2 sesións semanais de 2 horas cada unha.
    • Cursos semipresenciais: 120 distribuídas en 1 sesión semanal de 2 horas e outra de traballo autónomo na plataforma.
  • Cursos non ordinarios:

    • Cursos para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA).
    • Curso de Linguaxe Administrativa en liña (LAM).
    • Cursos do Programa a distancia That´s English.
    • Cursos monográficos ou específicos: en xeral de 60 horas de duración enfocados en destrezas concretas ou colectivos profesionais.
  • Cursos para profesorado:

    • Cursos de actualización lingüística (CALC).
    • Cursos de preparación para a certificación.
 
 
Distribuir contido