EXAMPREP -THAT´S ENGLISH

Qué é o Examprep?

  • É un curso dirixido a persoas interesadas en preparar a distancia as probas de certificación.
  • O número máximo de persoas matriculadas no curso é 25.

Que curso oferta a EOI de Pontevedra e cales son as datas de comezo?

  • O curso EXAMPREP (nivel C1) impartido nesta escola comezará o día 25 de setembro e rematará o 21 de decembro.

Como funciona o curso?

  • O alumnado asistirá a 4 titorías por videoconferencia de 1 hora de duración en grupos de 5 persoas.

Quen pode acceder a este curso?

  • É requisito imprescindible residir en Galicia e ter 16 anos cumpridos no ano en que se inicien os estudos, Tamén poderán acceder as persoas de 14 anos se o idioma inglés NON é a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria.

Cal é o prazo de inscrición?

  • Do 11 de setembro ao 8 de outubro de 2023: cursos 1º cuadrimestre

Como me podo inscribir?

  • Realiza a inscrición por vía telemática a través da ligazón: https://examprep.thatsenglish.com
  • Accede á web do curso elixido e grava os teus datos persoais, selecciona a quenda de preferencia e acepta as condicións e a política de protección de datos.

Cal é a documentación requirida?

  • Terá 3 día laborables para presentar a seguinte documentación ao enderezo examprep@thatsneglish.com
    • DNI, NIE ou pasaporte.
    • Documentación acreditativa de residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

Canto custa o curso?

  • 150 euros que se aboarán exclusivamente por TPV virtual. 
  • O alumnado non terá que pagar as probas de certificación correspondentes ao nivel no que estea matriculado aínda que si deberá realizar a inscrición na convocatoria correspondente das probas de certificación.

Consulta máis información nesta ligazón ou chama o número 886 159 121.