CURSOS CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

A Resolución do 13 de xuño de 2023 (DOG do 22 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos  en  liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA).

O prazo de solicitudes estará aberto do 3 ao 14 de xullo e farase en liña a través da aplicación www.eoidigital.com/preinslinguagalega. Consulta toda a información premendo nesta ligazón.