PLAN DIXITAL

De acordo co Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a EOI de Pontevedra procura a transformación dixital do centro.

Por que un Plan dixital?

Porque consideramos necesario adaptar a Escola de maneira sostible á era dixital. 

Onde podo consultar o documento?

Podes ler o Plan dixital completo da EOI de Pontevedra premendo nesta ligazón.

Cal é o obxectivo dun Plan dixital de centro?

O noso obxectivo é ser dixitalmente competentes no proceso de ensino-aprendizaxe.

Que accións se van poñer en marcha para acadar este obxectivo?

No Plan dixital recóllense as liñas prioritarias de traballo para o curso 2022-23 que son as seguintes:

  • Mellorar a infraestrutura e equipamento.
  • Aproveitar a aula virtual para a a reflexión e a retroalimentación.
  • Modernizar a páxina web oficial da Escola.
  • Promover unha cultura de respecto aos dereitos de autor para a creación e difusión de materiais didácticos.