MATRÍCULA LIBRE 2020/2021

A matrícula realizarase en liña do 10 ao 26 de marzo, ambos incluídos a través da ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta que permanecerá aberta ata ás 12.00 do mediodía do 26 de marzo.

O alumnado enviará a documentación requirida por vía electrónica ao enderezo electrónico matricula.eoipontevedra@gmail.com en formato imprimible (pdf.)

Documentación requirida:

    • Impreso de matrícula xerado pola aplicación web.
    • Resgardo de aboamento dos prezos públicos: pode xeralo aquí premendo no Modelo A1 ao final da páxina. Consulte as taxas e códigos. O alumnado CALC só terá que aboar a apertura de expediente se se matricula por primeira vez. O alumnado CUALE está exento de calquera taxa.
    • Fotocopia do DNI ou no caso de ser estranxeiro o NIE ou pasaporte.
    • Menores de 16 anos a 31 de decembro de 2021certificado do instituto no que conste cal é a primeira lingua estranxeira cursada no presente curso.
    • Alumnado CALC: certificado do CFR no que conste que cumpre o requisito de asistencia. Atención! só se poderá matricular no nivel correspondente ao curso CALC ao que asiste.
    • Alumnado con diversidade funcional:documentación acreditativa e, se solicitara adaptación de exames, cubrir este formulario.

DATAS DAS PROBAS

Consulta as horas e datas das probas escritas de certificación nos distintos idiomas. As datas das probas orais serán fixadas, cando menos, cunha semana de antelación con respecto á realización da proba.

MENORES

  • Poderán matricularse do idioma que estudan como primeira lingua estranxeira na ESO/Bacharelato se teñen 16 anos ou os cumprirán antes do 31 de decembro de 2021.
  • Poderán matricularse dunha lingua distinta á estudada na ESO se teñen 14 anos ou os cumprirán antes do 31 de decembro de 2021.

ACCESO ÁS PROBAS

  • Pódese matricular por libre de calquera nivel sen ter o certificado do nivel anterior.
  • Non se poderá matricular por oficial e por libre do mesmo nivel e curso no mesmo ano académico.
  • Se realizou estudos noutra escola e se vai matricular por libre na EOI de Pontevedra, debe indicalo na súa solicitude para tramitar o traslado de expediente pertinente.
  • Se supera a proba do nivel básico/intermedio/avanzado poderá acceder ao nivel seguinte como alumno oficial seguindo o procedemento de matrícula establecido.
  • Se é alumno oficial desta Escola e desexa presentarse por libre a algunha proba deberá facelo nesta, agás no caso de que o idioma do que desexe matricularse non se imparta nela. Nese caso, poderá matricularse, excepcionalmente, noutra escola.
  • O alumnado procedente dos cursos CALC que desexe certificar o nivel que estea a cursar deberá tamén formalizar a matrícula, indicando na aplicación web o idioma e o nivel do curso CALC que estea a realizar. Este alumnado terá carácter presencial, polo que terá acceso ás dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria.

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE

LEA ATENTAMENTE A GUÍA INFORMATIVA PARA O NIVEL CORRESPONDENTE