CAMBIOS DE GRUPO 2024-25
Xov, 10/11/2018 - 18:52 — eoi.pontevedra
Quen pode solicitar o cambio?
- O alumnado matriculado na EOI de Pontevedra ou centros adscritos IES Valle-Inclán, IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín), IES Antón Losada Diéguez (A Estrada):
Cando se pode solicitar?
- dende as 14.00h do día 3 de outubro ata as 22.00h do día 7 de outubro.
Como se pode solicitar?
- Para cambios de grupo dentro do mesmo centro educativo o alumnado deberá acceder ao seu perfil en CentrosNET. Cada persoa pode formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que estea matriculada. Mais información.
- Para cambios de grupo entre diferentes centros educativos (da Escola a un centro adscrito ou viceversa) o alumnado deberá cumprimentar o impreso de solicitude e envialo ao enderezo: matricula@eoipontevedra.org.
- Para cambios de cursos intensivos a anuais ou viceversa o alumnado deberá cumprimentar o impreso de solicitude e envialo ao enderezo:matricula@eoipontevedra.org.
- Os impresos correspondentes estarán colgados na páxina web da EOI (Sección Formularios).
- Só se pode pedir cambio de hora. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.
Cando entra en vigor o cambio?
- As solicitudes serán atendidas na medida que existan vacantes no grupo ao que se desexa acceder.
- De non haber vacante no momento da solicitude, quedará en espera por se xurdira unha vacante.
- Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.
- O alumnado deberá asistir ás aulas do novo grupo tan pronto teña a confirmación telemática.
- O profesorado dos grupos afectados tamén reciben notificación dos cambios.
Onde envío a documentación se son alumno/a dunha sección?
- O alumnado das seccións da Estrada ou Lalín deberá remitir as solicitudes en papel ao centro no que estea matriculado, só no caso de querer cambiar dende outro centro adscrito.