O Departamento de Portugués organiza unha viaxe a Braga o vindeiro sábado 30 de novembro. Se aínda non viaxaches con eles/as nunca viaxaches realmente! Non perdas esta oportunidade. Apúntate na conserxaría.
Ábrese o prazo de solicitudes para os cursos de galego CELGA e LAG (linguaxe administrativa en liña) que se desenvolverán no 2º cuadrimestre. Consulta todos os detalles nesta ligazón.
Tes interese en aprender a facer podcasts? Queres saber máis sobre como deseñar o teu propio programa, escribir guións atractivos e gravar coma un profesional? Pois ofrecémosche 2 obradoiros consecutivos de creación de podcasts!
Aproveita esta oportunidade para explorar o mundo do podcasting e dálle voz ás túas ideas! Non fai falta experiencia previa, só moitas ganas de aprender e crear. Anótate na conserxaría antes do 19 de novembro. Só hai 20 prazas dispoñibles, bule!
Informámosvos de que está en marcha o proceso de renovación do Consello Escolar. Preme na ligazón para consultar o calendario e as actuacións previstas.
- Persoal de administración e servizos: 20 novembro das 10.00 ás 10.30 horas.
- Sector de alumnos/as: 20 novembro das 10.30 ás 11.00 horas e das 18.30 ás 19.00 horas.
- Sector de profesores e profesoras: 20 de novembro ás 11.15 horas.
Informamos de que se abre o prazo de licitación de varias cafetarías, incluída a da EOI de Pontevedra ata o vindeiro 26 de novembro ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden consultar os seguintes documentos:
Aínda estás a tempo de matricularte: aprende inglés ao teu ritmo desde a casa ou calquera outro lugar que desexes co Programa That´s English! O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 8 de novembro. Máis información.
Gústaríache botar unha man na biblio, coidando e facendo bo uso dos materiais? Cubre a solicitude para participar no Programa de voluntariado e entrégaa na Conserxaría antes do 30 de outubro.
Solidarízate coa biblioteca, solidarízate coa cultura!
Prema neste titorial sobre cómo acceder á Plataforma Centrosnet para consultar as notas e o expediente.
Se precisas solicitar unha adaptación dos exames da escola debes ler o protocolo de adaptación de probas, cumprimentar o formulario e subilo coa documentación de matrícula a través da aplicación.