Normas de Convivencia

Alumnado Oficiais Normas de convivencia

Alumnado Oficial - Normas de convivencia e procedementos de actuación no Centro ante situacións de conflito.

As condutas perturbadoras da convivencia no centro poderán ser cualificadas como:

1. Condutas contrarias ás normas de convivencia no centro
 
  a) As manifestacións expresas contrarias aos valores e dereitos democráticos legalmente establecidos.

b)A falta de puntualidade a clase cando non estea debidamente xustificada.

c) A incorrección na presenza, motivada pola falta de aseo persoal ou na indumentaria, que puidera provocar unha alteración na actividade do centro.

d) O incumprimento do deber de estudo durante o desenvolvemento da clase, dificultando a actuación do profesorado e do resto do alumnado.

e) O deterioro leve das dependencias do centro, do seu material ou de pertenzas do resto do alumnado.

f) A utilización de aparellos electrónicos, como teléfonos móbiles, dentro das aulas.

g) O consumo de tabaco, bebidas alcohólicas ou calquera sustancia estupefacientes.

h) O consumo de comida dentro das aulas. .
 
O tipo de corrección das condutas contrarias ás normas de convivencia no centro poderán ser: Accións inmediatas. O profesorado levará a csbo unha das seguintes actuacións:
  a) Amoestación pública ou privada. 
  b) Esixencia de petición pública ou privada de desculpas.
  c) Suspensión do dereito a permanecer no lugar onde se estea a levar a cabo a actividade durante o tempo que estime oportuno o profesorado.

* No caso do alumnado menor de idade, este permanecerá nas dependencias do centro ata o remate da clase e o suceso comunicarse de forma inmediata á nai, ao pai ou titor legal.

O profesorado comunicará por escrito no prazo de 48 horas á Xefatura de Estudos cal foi o comportamento inadecuado e as actuacións que se levaron a cabo e decidirá se considera necesario poñerse en contacto coa familia do alumnado, no caso de ser menor de idade. A Xefatura de estudos levará un rexistro destas comunicacións.
 
Medidas posteriores :
  Amoestación escrita. Reparación do dano causado a instalacións, material do centro ou pertenzas doutros membros da comunidade educativa. Suspensión do dereito a asistir a clase por un período non superior a 5 días lectivos.
 
Para a aplicación das 3 últimas medidas mencionadas será preceptiva a audiencia da persoa interesado e da súa nai, pai ou titores legais no caso de ser menor de idade. Así mesmo, comunicarase por escrito a súa aplicación.

2. Condutas gravemente prexudiciais ás normas da convivencia no centro. Estas serán consideradas como faltas.
 

  •   A falta de respecto, indisciplina, acoso, ameaza e agresión verbal ou física, directa ou indirecta, ao profesorado, e a calquera membro da comunidade educativa. 
  •   As vexacións e humillacións a calquera membro da comunidade educativa.
  •   Condutas discriminatorios por motivos de raza, sexo, idade… . 
  •   A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou subtracción de documentos e material académico.
  •   O deterioro grave, causado intencionadamente, das dependencias do centro e do seu material.
  •   As actuacións e as incitacións a actuacións prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa.
  •   A reiteración na comisión de condutas contrarias ás normas de convivencia no centro.

As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro só poderán ser sancionadas previa incoación dun expediente disciplinario. Estas sancións poderán ser:
 
  Reparación do dano causado a instalacións, material do centro ou pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
  Suspensión do dereito de asistir a clase por un período superior a 5 días lectivos e inferior a 30 días lectivos, sen que iso comporte a perda do dereito á avaliación. 
  En casos de extrema gravidade a Dirección do Centro considerará a posibilidade de interpoñer denuncia perante as autoridades policiais e xudiciais, tras comunicación ao Consello Escolar e á Inspección.
A efectos da gradación das medidas de corrección e das sancións, considéranse circunstancias que atenúan a responsabilidade:

Recoñecemento espontáneo da conduta, así como a petición de escusas e a reparación espontánea do dano producido xa sexa físico ou moral. A falta de intencionalidade. O carácter ocasional da conduta.

O profesorado comunicará por escrito no prazo de 48 horas á Xefatura de Estudos cal foi o comportamento inadecuado e as actuacións que se levaron a cabo e decidirá se considera necesario poñerse en contacto coa familia do alumnado, no caso de ser menor de idade. A Xefatura de estudos levará un rexistro destas comunicacións escolar.

Réxime de prescrición. As condutas contrarias ás normas de convivencia no centro prescribirán no prazo de 30 días, contando a partir da data da súa comisión. Asemade, as medidas correctoras impostas por estas condutas, prescribirán no prazo de 30 días dende a súa imposición. As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro prescribirán no prazo de 90 días contados a partir da data da súa comisión. Asemade, as sancións impostas por estas condutas prescribirán no prazo de 90 días dende a súa imposición.

Comisión de Convivencia. Para facilitar o correcto exercicio dos dereitos e deberes do alumnado constituirase no seo do Consello Escolar unha Comisión de Convivencia, cuxas funcións principais serán: 1. Resolver e mediar nos conflitos creados. 2.Canalizar as iniciativas de todos os sectores da comunidade educativa para mellorar a convivencia, o respecto mutuo e a tolerancia.
 

Distribuir contido