Pode solicitar unha certificación académica de expediente de xeito gratuíto na secretaría da escola ou no correo eoi.ourense.matricula@edu.xunta.gal.
Teña en conta que a tramitación destes documentos pode levar varios días, especialmente en períodos de matrícula ou exames.
Os certificados de nivel pódense obter unha vez o superado o nivel correspondente. Son de dous tipos:
A. DIPLOMAS DOS NIVEIS A2, B1 e C1 (este último ata o curso 2017/2018 incluído)
A EOI emite estes certificados de oficio unha vez rematado o curso académico. Son gratuítos.
B. TITULOS DOS NIVEIS B2, C1 (a partir do curso 2018/2019) e C2
Estes títulos emíteos a Xunta de Galicia, previa solicitude do interesado na secretaría do centro onde se cursaron e o pagamento da taxa correspondente.
Para solicitar este título deberá entregar na secretaría:
1. O formulario de solicitude (un formulario por idioma e nivel)
2. Copia do DNI
3. O xustificante de pago da taxa correspondente.
Prezo: 25,91 € ; familia numerosa xeral 12,97 €; familia numerosa especial 0 €
Os códigos de tramitación son:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade: 07
Delegación de Servizos Centrais: 13
Servizo de Ensino Medio: 03
Taxa: Expedición de títulos académicos e profesionais: 302003 (302001 se é LOGSE)
Vexa aquí un exemplo de formulario de taxas
Estes títulos de nivel tardan 2-3 anos en expedirse. A escola informará aos solicitantes cando estean dispoñibles. Recorde que, na maioría dos casos, pode acreditar o seu nivel presentando unha certificación académica de expediente.