Curso 2024/25
Importante: Para aprobar o curso, terán que superarse todas as actividades de lingua, tanto en promoción, como en certificación.
As datas de realización das probas non coincidirá necesariamente cos días e horarios das clases.
- AVALIACIÓN DE PROGRESO: o profesorado levará a cabo a avaliación de progreso mediante a realización de tarefas que lle permitan coñecer o progreso do seu alumnado en cada unha das cinco (catro para A1 e A2) actividades de lingua. Esta avaliación terá carácter unicamente orientador para o alumnado sobre o seu aproveitamento académico e serviralle ao profesorado para coñecer o grao de cumprimento no desenvolvemento da programación didáctica.
- PROBAS FINAIS: Tanto a convocatoria ordinaria como a extraordinaria terán lugar antes do 30 de xuño.
- En calquera caso, aterémonos ao ditado pola Consellería.
Ver aquí modelos das probas.