1º A primeira vez que se faga uso da biblioteca será recomendable traer o resgardo da matrícula. É posible que o profesorado responsable non dispoña nese momento dos datos de matrícula de todas as modalidades de estudo na escola. Polo tanto, se o lector ou a lectora non trae consigo o resgardo, non poderá levar o material até que se poida comprobar a súa condición de alumno ou alumna.
2º Existe a posibilidade de reservar exemplares, enviando un correo electrónico ao enderezo eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal. Lembra poñer reserva no asunto do correo.
3º Tamén hai unha caixa de devolución de material fóra da biblioteca. Deste xeito facilitamos a devolución do material.
4º Pódense levar emprestados libros electrónicos. Estas instrucións tamén se publicarán no taboleiro da biblioteca e na páxina web.
Horario das titorías:
Módulo |
Data |
Aula |
A2.1/A2.2 |
Xoves de 16:30 a 18:00 |
Aula 2 |
A2.3/A2.4 |
Martes de 18:00 a 19:30 |
Aula 2 |
B1.1/B1.2 |
Martes de 16:30 a 18:00 |
Aula 11 |
B2.1/B2.2 |
Xoves de 16:30 a 18:00 |
Aula 10 |
B2.3/B2.4 |
Martes de 16:30 a 18:00 |
Aula 10 |
C1.1/C1.2 |
Martes de 16:30 a 18:00 |
Aula 8 |
|
|
|