A Escola Oficial de Idiomas de Lugo na súa extensión de Sarria é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, de educación (LOMLOE). A organización e funcionamento das extensións recóllese no Regulamento Orgánico das Escolas Oficiais de Idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia que establece o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de agosto de 2011.
Durante o ano académico 2024-25, o idioma que se ofrece nesta extensión é o inglés. Neste curso contamos cun grupo de Básico A1-A2, dous grupos de Intermedio B1 en diferentes horarios, un deles en modalidade semipresencial, un grupo de Intermedio B2.1, un grupo de Intermedio B2.2 e un grupo de Avanzado C1.1. Ademáis dos devanditos cursos que constitúen a oferta oficial, ofertamos dous obradoiros de destrezas orais de 60 horas: un de nivel B2 e outro de nivel C1.
Todas as aulas impártense nas instalacións do IES Gregorio Fernández de Sarria en horarios de tarde.
Correo electrónico: eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal
Teléfono da EOI de Lugo: 982 82 92 30 Teléfono do IES Gregorio Fernández: 982 87 07 90
A EOI de Lugo, xunto coas demais Escolas Oficiais de Idiomas galegas, pertence á Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e fai parte da rede de EEOOII do estado.