Por razóns organizativas, amplíase o prazo de recepción de obras a concurso ata o venres 22 de novembro. A decisión do xurado publicarase na semana do 25.
Ante as dúbidas causadas polo aviso aparecido na aula virtual e que tamén o alumnado de Sarria terá recibido no seu correo electrónico, a xefatura de estudos adxunta da extensión de Sarria aclara que, a diferencia da sede central da EOI en Lugo, as actividades lectivas terán lugar con normalidade o mércores 30 de outubro.
O xoves día 31 de outubro non haberá clases en ningún centro por ser non lectivo polo Día do Ensino en toda a comunidade e o luns 4 de novembro non haberá clases na extensión de Sarria, xa que é día non lectivo escollido polo centro escolar que nos acolle. Pregamos desculpas pola confusión que se teña podido causar.
Durante a xornada do venres 25 de outubro o xefe de estudos estará ausente, polo que se suspenden as súas actividades presenciais no centro. Desculpas polas molestias.
C1.1 xoves 12 de setembro ás 18:00. Aula 119.
B2.2 luns 16 de setembro ás 18:00. Aula 120.
B2.1 luns 16 de setembro ás 20:00. Aula 120.
A1-A2 luns 16 de setembro ás 20:00. Aula 119.
B1 SEMIPRESENCIAL martes 17 de setembro ás 16:00. Aula 120.
B1 martes 17 de setembro ás 20:00. Aula 120.
Monográfico destrezas orais B2 martes 17 de setembro ás 18:00. Aula 119.
Monográfico de destrezas orais C1 mércores 18 de setembro ás 18:00. Aula 119.
Na seguinte ligazón atópanse toda a información e ligazóns relativas ás probas de clasificación para as diferentes linguas (tamén coñecidas como probas de nivel) na EOI de Lugo:
https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/2044
Na Extensión de Sarria non se realizan estas probas, polo que as persoas interesadas en facelas débense desprazar á sede central da EOI en Lugo, previa matriculación en liña dende a web da EOI de Lugo.
A proba de clasificación de inglés terá lugar nas aulas 1,2,3,4 e 5 da EOI de Lugo o xoves 5 de setembro de 2024 ás 16:00 horas.
Estimado alumnado da Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, parabéns a quen superou o curso e a todo o alumnado ánimo para seguir aprendendo ou mellorando o voso inglés connosco o próximo curso.
Ligazón á web para ver os cursos que se ofertan en Sarria: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/system/files/OFERTA%20CURSO%202024-%2025%20-%20Sarria.pdf
Ligazón á web para matricularse en cursos oficiais: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/2004
Ligazón á web para matricularse nos monográficos (obradoiros de expresión e comprensión oral): https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/taxonomy/term/228
En Sarria temos novidades para 2024-25:
1. O nivel básico será unificado, polo que todas as persoas que estiveron matriculadas en A1 pódense matricular no novo curso chamado “A1-A2” co que poderán acadar o nivel A2.
2. Haberá tamén un grupo de B1 semipresencial. Nesta modalidade só hai unha clase presencial cada semana e o resto das tarefas fanse en liña sen horario fixo. Mantense un grupo de B1 presencial en horario de tarde.
3. Para as persoas que o que queren é mellorar as súas destrezas orais e practicar falando e escoitando inglés sobre unha variedade de temas interesantes temos dous cursos monográficos de 60 horas sen exames (1 día a semana de setembro a maio):
- Obradoiro de expresión e comprensión oral de nivel B2, para o que é recomendable ter superado un nivel B1. (martes ás 18:00 h.)
- Obradoiro de expresión e comprensión oral de nivel C1, para o que é recomendable ter superado o nivel B2. (mércores ás 18:00 h.)
Estes obradoiros son compatibles con outros cursos oficiais que non coincidan no seu horario.
Esperámosvos!
Esta é a nova oferta de cursos en SARRIA para 2024-25:
IN-A1-A2 20:00-22:00 luns e mércores. Un novo curso pensado para iniciarse no
inglés ou retomalo practicando as destrezas básicas para acadar nivel A2 en 1 ano.
IN-B1-SEMIPRESENCIAL-1 16:00-18:00 martes. Cursa e certifica en 1 ano o
nivel B1. Só unha sesión presencial semanal e o resto das actividades en liña.
IN-B1 20:00- 22:00 martes e xoves
IN-B2.1 20:00-22:00 luns e mércores
IN-B2.2 18:00-20:00 luns e mércores
IN-C1.1 18:00-20:00 luns e xoves
E este ano tamén obradoiros prácticos de 60 horas de setembro a maio sen
exames para mellorar o teu nivel a base de falar e escoitar sobre unha
variedade de temas interesantes:
MONOGRÁFICO EXP. ORAL B2 18:00-20:00 martes. Unha sesión semanal.
Recomendable ter superado o nivel B1.
MONOGRÁFICO EXP. ORAL C1 18:00-20:00 mércores. Unha sesión semanal.
Recomendable ter superado o nivel B2.