O alumnado de inglés da Extensión de Sarria que o precise poderá revisar co profesorado as súas probas da convocatoria ordinaria o martes 18 de xuño entre as 10 e as 12 da mañán. Atenderase individualmente e por orde de chegada na dependencia da EOI na planta baixa do IES Gregorio Fernández.
Benvid@s de volta á Escola na Extensión de Sarria! O próximo xoves 11 de abril entre as 16:00 e as 19:00 faremos a primeira actividade da EOI en Sarria fóra do recinto escolar, na que vos animamos a participar.
STROLL& RECALL is a delightful urban journey where participants not only walk together to explore local physical spaces, but also share old memories and create new ones.
Enjoy a relaxed and unhurried walk through the town of Sarria with your classmates and teachers guided in English by our experienced tour guide!
Appreciate your town’s heritage and landmarks, revisit places and memories, share your anecdotes, volunteer to narrate your childhood and teenage deeds and escapades here and there and explain why this or that place is so special to you. Try being a guide yourself to show us and comment on those places you know so well! Sound good?
Don’t forget to sign up ASAP on the list your teacher will have in your classroom. It’s free! You can also write to your teacher or to eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal
Fingers crossed that we have good weather!
As persoas que desexen formalizar a renuncia á súa matrícula na Sección de Sarria da Escola Oficial de Idiomas para o presente curso 2023-24, aínda que xa teñan manifestado verbalmente ou por escrito a súa intención de non rematar o curso, deben enviar cuberta e asinada a solicitude de renuncia que atoparán na seguinte ligazón:
O enderezo onde achegar o documento é eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal
As persoas que non se presenten ás probas finais, se non teñen formalizada a súa renuncia á matrícula antes do 30 de abril do ano en curso, perderán unha convocatoria do número máximo de que dispoñen para superar o nivel. A renuncia á matrícula supón a perda inmediata do dereito a asisitir a clases, titorías e probas e non implica a devolución das taxas. Non se poderá formalizar a renuncia sen ter aboado as taxas na súa totalidade.
Evento aberto a toda a comunidade escolar da Extensión da EOI en Sarria e do IES Gregorio Fernández. No hall da parte do instituto que da ás pistas deportivas, a partir das 19:45 horas do xoves 23 de novembro, coincidindo coa celebración do Thanksgiving.
Pensado para socializar e desfrutar de música, doces e biscoitos caseiros e bebidas sen alcohol e dun espazo informal de cesión e simulación de compra e venda, interactuando en inglés cada quen na medida das súas posibilidades. Remataremos cun bingo en inglés con premio.
Achega a túa contribución voluntaria de doces, biscoitos, cookies... a partir do martes 21. Podes traela a clase ou deixala na conserxaría do instituto. O día do evento podes traer roupa, complementos, DVDs, CDs, libros ou outras cousas en bo estado que queiras doar para animar o mercadiño (flea market). Porémoslles un prezo en mock dollars, a única moeda de curso legal na School Mingle.
Ex-alumnado de anos anteriores e outr@s fans tamén benvid@s!
Máis información nos foros das aulas virtuais, falando co profesorado da EOI en Sarria ou escribindo a eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal.
Come on! You're all welcome!
A presentación e comezo do curso 2023-24 na Extensión de Sarria terá lugar para cada nivel a partir das mesmas datas publicadas pola EOI de Lugo.
É importante a asistencia a esta primeira sesión de clase, xa que nela facilitarase información importante para o curso.
Estas son as datas e horas de comezo do curso para os grupos de inglés da Extensión de Sarria:
MARTES 12 DE SETEMBRO, ÁS 16:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE C1.1
MÉRCORES 13 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE B2.1
XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 18 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE B2.2
XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 20 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE A2
XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 20 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO B1-11
VENRES 15 DE SETEMBRO, ÁS 16:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO B1-10
LUNS 18 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DE CURSO DO GRUPO DE A1 (PRINCIPIANTES)
INGLÉS - SARRIA. Oferta de grupos para o curso 2023-24:
IN-A1-5 (iniciación) |
20:00 - 22:00 |
Luns e mércores |
IN-A2-5 |
20:00 - 22:00 |
Martes e xoves |
IN-B1-10 |
16:00 - 18:00 |
Martes e venres |
IN-B1-11 |
20:00 - 22:00 |
Martes e xoves |
IN-B2.1-6 |
20:00 – 22:00 |
Luns e mércores |
IN-B2.2-6 |
18:00 – 20:00 |
Luns e xoves |
IN-C1.1-4 (avanzado) |
16:00 - 18:00 |
Martes e xoves |
O NOVO ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA PREINSCRIBÍNDOSE ENTRE O 26 DE XUÑO E O 9 DE XULLO EN www.eoidigital.com/preinsxunta PODE MATRICULARSE ENTRE O 11 DE XULLO E AS 12:00H. DO 21 DE XULLO.
As persoas que non reservaron praza poden aínda matricularse nas prazas vacantes que queden en todos os grupos a partir das 13:00 horas do 21 de xullo. Para acceder á matriculación na Extensión de Sarria deben ir a:
https://www.informaticacentros.com/centrosnet/libres_mat/index.php?tcen=EXT&cen=LU5
A MATRICULACIÓN FAISE A TRAVÉS DA INTERNET. TODA A INFORMACIÓN E ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO.