Préstamo na biblioteca.


  A primeira vez que se faga uso da biblioteca será recomendable traer o resgardo da matrícula. É posible que o profesorado responsable non dispoña nese momento dos datos de matrícula de todas as modalidades de estudo na escola. Polo tanto, se o lector ou a lectora non trae consigo o resgardo, non poderá levar o material até que se poida comprobar a súa condición de alumno ou alumna.

Existe a posibilidade de reservar exemplares, enviando un correo electrónico ao enderezo eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal. Lembra poñer reserva no asunto do correo.

Tamén hai unha caixa de devolución de material fóra da biblioteca. Deste xeito facilitamos a devolución do material.

Pódense levar emprestados libros electrónicos. Estas instrucións tamén se publicarán no taboleiro da biblioteca e na páxina web.