Verías que desde o curso 2021-2022 tamén ofrecemos algún curso semipresencial en inglés. Este ano aumentamos a oferta de cursos semipresenciais en inglés e tamén temos a modalidade en alemán B1.1. Consulta aquí↩ a oferta horaria.
Non sabes que é o ensino semipresencial? Explicámoscho aquí.↩
Tamén podes informarte nesta infografía
Agora preme aquí faceres unha enquisa e saber se este tipo de ensino é o máis apropiado para ti.
OFICINA DE THAT’S ENGLISH!(no andar inferior da EOI de Lugo)
A partir do 2 de setembro de 2024:de Luns a venres, de 09.00h a 13.00h
O oficina permanecerá pechada previsiblemente ata luns, 16 de setembro. Desculpen as molestias.
Para calquera consulta: eoi.lugo@thatsenglish.com
Importante: Se o título, diploma ou certificación corresponde ao curso actual, débese agardar unha semana dende a data oficial da publicación das notas para facer a solicitude.
A solicitude de certificacións académicas pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.
Se a persoa solicitante non é o/a titular da certificación, deberá estar debidamente autorizada.
As certificacións académicas non teñen taxas asociadas.
Unha vez feita a solicitude da certificación académica, enviarase asinada dixitalmente por correo electrónico no prazo máximo dunha semana ao correo electrónico no que foi solicitada ou, no seu defecto, ao que figura no expediente académico da persoa titular.
Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.
En todo caso, durante o mes de agosto non se emitirán certificacións académicas asinadas electronicamente. O alumnado que precise unha certificación asinada electronicamente, deberá solicitala antes do 30 de xullo. As solicitudes que se reciban durante o mes de agosto asinaranse no mes de setembro.
A solicitude de diplomas de A2 e B1 pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.
Este tipo de diplomas non teñen taxas asociadas.
Transcorrida unha semana dende a solicitude do diploma, poderase recoller na oficina administrativa do centro ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.
Os títulos de nivel intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 do plan de estudos actual (cursos 2018/19 e seguintes) e avanzado B2 (plan de estudos anterior a 2018/19) son emitidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
A solicitude destes títulos leva asociado o pagamento de taxas.
A solicitude de títulos faise na oficina administrativa do centro onde se aprobou o exame conducente á certificación que se solicita.
Débense seguir os seguintes pasos:
- Cubrir o fomulario correspondente ao título que desexa solicitar.
Formularios do plan actual (curso 2018/19 e seguintes): B2↩, C1↩, C2↩
Formulario do plan de estudos anterior a 2018/19: Avanzado B2↩
- Pagar as taxas correspondents (Ver códigos e taxas máis abaixo). Para este trámite pode recoller un impreso na oficina e facer o pago presencial en entidades bancarias colaboradoras ou ben facer o pagamento en liña. Neste caso lembre que deberá achegar o modelo 730.
- Enviar copia escaneada do DNI por ambas caras ou documentación que acredite a súa identidade
Débeser achegar esta documentación á oficina administrativa do centro, ben de xeito presencial ou por correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal. Recibirá o xustificante da solicitude do título que deberá gardar.
No prazo habitual de dous anos poderá retirar o seu título na oficina administrativa do centro, ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
Se durante este prazo precisara acreditar o seu nivel, pode solicitar unha certificación académica.
A solicitude do título de C1 do plan de estudos anterior a 2018/2019 pódese facer de xeito presencial na oficina administrativa do centro, acreditando a súa identidade, ou ben enviando un correo electrónico á dirección eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal no que se debe achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante.
Este título do plan de estudos anterior ao actual non ten taxas asociadas.
Transcorrida unha semana dende a solicitude, poderase recoller na oficina administrativa do centro ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.
Teña en conta que en períodos de matricula ou exames o prazo para a tramitación deste tipo de documentación pode ampliarse.
*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN PARA A SOLICITUDE DE TÍTULOS |
|
Consellería de Cultura, Educación e O.U. |
07 |
Delegación de servizos centrais |
13 |
Servizo: Ensino Medio |
03 |
Taxa: Expedición de títulos académicos correspondents ás ensinanazas establecidas pola LOE |
302003 |
Título/Tarifas (en euros) |
Tarifa normal |
Familia numerosa categoría xeral |
Familia numerosa categoría especial |
Duplicado |
Certificado de nivel B2, C1 e C2 de idiomas (LOE-LOMCE) |
25'91 |
12'97 |
0 |
2'55 |
Certificado de nivel avanzado B2de idiomas (LOXSE) |
25'91 |
12'97 |
0 |
2'55
|
O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación nas probas finais poderá presentar unha reclamación ante a dirección da Escola Oficial de Idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. É recomendable asistir á revisión do exame para ver como se xustifica a puntuación obtida.
Para presentar esta reclamación deberá solicitar a instancia correspondente na oficina administrativa do centro, cumprimentala adecuadamente e entregala na mesma oficina. As instancias de reclamación non se poden enviar por correo electrónico.
A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:
a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.
b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.
A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no que deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.
De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada ante a Dirección Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.