Skip to Content

Novas

RESERVA DE PRAZA PARA O CEIP DE GALÁN

Comenza o proceso de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Este prazo é para as nenas e nenos que rematan a súa etapa de Educación Infantil na nosa escola e que desexen realizar os estudos de Ed. Primaria o vindeiro curso 2022/2023 no noso centro adscrito, CEIP de Galán.

O prazo de reserva abrangue do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Os impresos de solicitude poden cubrirse online ou manualmente:

ONLINE: Na aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ seguindo os seguintes pasos: SOLICITUDES - RESERVA - CREAR.

Unha vez cuberta, podese imprimir, asinar manualmente e entregar na EEI de Vilarrodís-Oseiro (centro educativo de orixe) para o seu rexistro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de Outubro, do procedemento Administrativo Común. Pódese asinar dixitalmente e enviala vía a SEDE ELECTRÓNICA (para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital)

MANUALMENTE: Pódese imprimir a solicitude da aplicación mencionada (ou solicitar unha na escola), cubrila manualmente e entregala de volta.

 

Ante calquera dúbida consultade na escola.

 

Mais información e normativa aplicable no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

Información sobre o proceso xeral de escolarización neste enlace:  https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

 

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2021-2022.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 1 ao 22 de marzo.

Cada alumno/a presentará unha única solicitude na que pode solicitar praza nun máximo de 6 centros por orde de preferencia.

Os formularios de solicitude Modelo ED550B (Anexo II) están dispoñibles en galego e castelán.  Pódese acceder no enlace e cumprimentar online ou ser descargados e cubertos manualmente. Poderán tamén ser recollidos na secretaría da escola.

A entrega da solicitude e documentación pode facerse:

DOCUMENTACIÓN a presentar:

1.Solicitude , Modelo ED550B (Anexo II), cuberta e firmada. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de parellas de feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás familias monoparentais ou en situación de violencia de xénero.

2.Fotocopia do DNI /NIE do alumno/a ou ben do libro de familia.

3. Para optar por unha praza de NEAE  achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

No caso de presentarse máis solicitudes que prazas vacantes abriríase un prazo de 10 días para a presentación voluntaria de outra documentación para baremar.

 

Prazas ofertadas

  • 4ºEI 3 ANOS: 22 PRAZAS DE ACCESO LIBRE E 3 PRAZAS PARA NEAES (necesidade específica de apoio educativo). Nenos e nenas nacidos no ano 2018
  • 5ºEI 4 ANOS: 20 PRAZAS. Nacidos no ano 2017
  • 6ºEI 5 ANOS: 14 PRAZAS. Nacidos no ano 2016

Ao remate do prazo as listaxes de admitidos e excluídos poderán consultarse na aplicación admisionalumnado co certificado digital ou Chave365 e estarán expostas no interior da escola.

Posteriormente realizarase a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 20 ao 30 de Xuño de 2021.

Pódese consultar información detallada e a normativa correspondente a todo o proceso na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono da escola, 616466312, en horario lectivo e no correo electrónico eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

As familias que desexen coñecer á escola poden solicitar unha cita por teléfono ou correo electrónico

 

A ESCOLA NA REDE

Vos informamos de que abrimos unha conta de Instagram da escola. Nesta conta sairán imaxes de actividades e espazos do centro. Subiremos fotografías nas que poden saír os nenos e as nenas de xeito NON identificativo. Non deixedes de preguntar calquera dúbida. Podedes acceder premendo no icono de abaixo.

Aquí deixamos unha imaxe coas principais vías de contacto telemáticas da escola. Lembrade que os blogs están enlazados nesta mesma páxina e que cada blog ten asociada unha conta de correo propia. Para o blog de 3 e 4 anos precísase invitación.

AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAIS ESCOLARES

Lembrade que o prazo remata o 20 de Outubro e que tedes que presentar factura xunto coa solicitude

 

Recollida de materiais no mes de xuño 2020

Estimadas familias, unha vez publicadas as instruccións por parte da Consellería de Educación, estas son as quendas que organizamos para recoller os materiais.

             NENAS E NENOS DE 6º EI (5 anos)

As familias dos nenos e nenas que pasades a 1º de Primaria, recibiredes nos vindeiros días unha chamada da vosa titora para recoller os cadernos que tedes por finalizar.

A cita será entre o 2 e o 5 de xuño.

                 4º EI (3 anos) e  5º EI (4 anos)

No voso caso, dado que continuades con nós en setembro, ese material quedará gardado para sumalo ao que utilizaremos no curso 2020-2021.

PARA TODAS AS FAMILIAS

Se todo evoluciona como ata agora, a partir do 12 de xuño citarémosvos individualmente para recoller o material restante: botas de goma da horta, actividades feitas ata marzo e calquera pertenza persoal que quedara na escola no momento de decretarse o estado de alarma.

                      

 

NORMAS DURANTE A PRESENZA NA ESCOLA PARA RECOLLIDA DO MATERIAL

                                      Horario: de 9:15h a 14:15 h

   (precísase ter concertado cita mediante chamada telefónica)

- É obrigatorio o uso de máscara.

Recoméndase acudir sen nenos/as.

- No caso de coincidir con outras familias deberase manter a distancia de seguridade (2 m) durante a espera.

- Seguir sempre as recomendacións do profesorado e da cartelería de seguridade.

- A entrada será coma sempre pola porta principal da escola.

Axudas para Educación Primaria

Información para as familias que o vindeiro ano teredes os vosos fillos e fillas en 1º de Educación Primaria

O martes 19 de maio publicouse no DOG a convocatoria de axudas. 

O prazo é do 20 de maio ao 19 de xuño, incluído.

Tedes a información na web do colexio ao que estamos adscritas

(clickando no texto seguinte accederedes directamente):

CEIP de Galán

 

 

CITA PREVIA: Admisión alumnado

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NO PERÍODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 Datas: Dende o luns 11 ata o luns 18 de maio.

 Horario: Preferentemente de 12 a 13 horas.

 Requisitos para a atención:

  • Solicitar cita previa no teléfono da escola: 616466312.
  • Respectar as pautas sanitarias (uso de máscara e  mantemento da distancia de seguridade).

Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación: Admisión de Alumnado.

Admisión alumnado curso 2020-2021

Tal e como establece o DOGA do 6 de maio de 2020, a través da:

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020

O proceso de admisión de alumnado reanudarase tendo en conta as seguintes directrices:

 1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremoata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 Para acceder á resolución da Consellería pincha Aquí

Pautas APP abalarMobil

Estimadas familias,

Continuamos facilitando a comunicación con vós polas vías que están ao noso alcance neste momento de cofinamento. Así, para que podades consultar o boletín da segunda avaliación , aquí tedes a maneira de facer a vosa consulta a través do móbil .

Pode que algunas familias xa teñades este servizo operativo.

1º paso: Descargar no voso teléfono a aplicación : abalarMóbil da Xunta de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut