Skip to Content

Blogues

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

AS ELECCIÓNS TERÁN LUGAR O PRÓXIMO DÍA 18 DE NOVEMBRO NOS SEGUINTES HORARIOS:

- DE 13:30 A 14:30

- DE 16.00 A 17:00

IMPRESCINDIBLE PRESENTAR O DNI

CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Pola presente quedan convocadas as eleccións ao Consello Escolar.

 

Calquera nai / pai ou responsable legal poderá presentar a súa candidatura de forma presencial no centro ou no correo: eei.vilarrodis@edu.xunta.gal.

O prazo de presentación de candidaturas é ata o día 8 de Novembro.

 

A Xunta Electoral reunirase o día 11 de Novembro para proclamar as candidaturas e para sortear os membros da mesa electoral.

 

As votacións terán lugar o día 18 de Novembro.

 

 

 

Convocatoria de Reunión inicio de curso

Inicio do Curso 2024-2025

ATENCIÓN AO PÚBLICO

CITA PREVIA NO EMAIL: eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

Matrícula curso 2024-2025

Matrícula curso 2024-2025

O prazo para formalizar a matrícula é:

 do 20 ao 30 de xuño

A atención ao público será con cita previa que pode ser concertada chamando ao teléfono da escola:

616466312.

O horario de atención será:

de 12:15 a 13:15 h.

 

A documentación necesaria para formalizar a matrícula é:

1. Dúas fotos carnet co nome do escrito por detrás.

2. Impreso de matrícula (pulsa aquí para descargar, cubrir e imprimir o impreso de matrícula).

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.

4. Fotocopia do libro de familia.

5. Fotocopia do boletín de vacinas.

6. Enquisa inicial (pulsa aquí para descargala).

 

Agradecemos traer os documentos necesarios xa cubertos coas fotocopias feitas.

Gracias pola colaboración

As mestras 

 

BECAS NEAE CURSO 2024/2025

BECAS NEAE CURSO 2024/2025

ABERTO O PRAZO DE BOLSAS DE NEAE PARA O CURSO 2024/2025

Axudas para alumnado, incluíndo alumnado con TDAH, que requira por un período de escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe.

Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA e o alumnado de Altas Capacidades sempre que teña certificado do Equipo de Orientación Específico ou do Departamento de Orientación dependente da administración educativa correspondente.

 As axudas poderán ser solicitadas polo alumnado cuxa renda ou patrimonio familiar a 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro, os limiares seguintes:

  • Familias dun membro: 12.534 euros
  • Familias de dous membros: 20.416 euros
  • Familias de tres membros: 26.811 euros
  • Familias de catro membros: 31.801  euros
  • Familias de cinco membros: 36.089 euros
  • Familias de seis membros: 40.229 euros
  • Familias de sete membros: 44.143  euros
  • Familias de oito membros: 48.031  euros
  • A partir do octavo membro engadiríanse 3.856 euros por cada novo membro computable da familia.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.esou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación,  https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no curso académico 2024/2025

Esta solicitude irá acompañada de:

  • Código Conta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar
  • Fotocopia do certificado de discapacidade
  • Fotocopia do certificado de Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastorno Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.
  • Memoria do gabinete reeducador que preste o servizo durante o curso 2024/2025.
  • Outros documentos que se consideren (Título de familia numerosa...).

Solicitude de praza no servizo de comedor

 

SOLICITUDE DE PRAZA NO SERVIZO DE COMEDOR DA EEI VILARRODIS-OSEIRO

PARA O CURSO 2024-2025.

 Tódolos interesados e interasadas en facer uso do servizo de comedor da escola durante o curso 2024-2025 deben enviar o documento de solicitude de praza (descargar documento adxunto) debidamente cuberto e firmado ao email apa.oloureiro@hotmail.com.

O prazo para a presentación das solicitudes ábrese o xoves 25 de abril e remata o mércores 15 de maio de 2024.

 

CONTACTO: apa.oloureiro@hotmail.com

ADXUNTO COA SOLICITUDE

Información Admisión para o curso 2024/2025

Todo o alumnado que solicitou praza no proceso ordinario de admisión está ADMITIDO.

 

A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:
616.466.312 

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Adxunto: Manual para as familias.

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025:

- 4º Educación Infantil: 20 prazas

- 5º e 6º Educación Infantil: 0 prazas

PRAZOS

- Prazo para a presentación das solicitudes de admisión: desde o 1 ao 20 de marzo 2024

- Publicación da listaxe provisional de admitidos: antes de 25 de abril 2024.

- Publicación da listaxe definitiva de admitidos: antes do 15 de maio 2024.

- Prazo de formalizacion da matrícula: desde o 20 ao 30 de xuño 2024.

CENTRO ADSCRITO: A escola está adscrita ao CEIP Galán.

NORMATIVA:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACION SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.  A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Poderá indicar un máximo de 6 centros.

2º. O alumnado que tem garantia de permanência nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que tem reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

COMO PRESENTAR UNHA SOLICITUDE?

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Admisión: Solicitude Galego

Admisión: Solicitud Castelán

Xunto co impreso de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.
  • Para optar por unha praza de NEAE achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.

Entroido 2024

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut