Skip to Content

Blogues

PROGRAMA PERROS Y LETRAS

O vindeiro venres 15 de outubro iniciaremos o programa Perros y Letras financiado na súa totalidade pola obra social de Caixabank.

Grazas a este programa a cadela Nora visita a escola coa súa coidadora Laura para ler libros coas nenas e os nenos.

Algúns dos obxectivos que se persiguen con esta actividade son:

  • Incrementar o vocabulario do alumnado
  • Mellorar as habilidades de comunicación
  • Mellorar en atención.
  • Progresar en autonomía
  • Conseguir que desaparezan as fobias aos cans, en caso de existir
  • Fomentar o respecto cara os animais

 

O vindeiro xoves 14 pola tarde organizaremos unha reunión telemática con Laura para que explique o programa e solvente as vosas dúbidas. Vos enviaremos un enlace para conectarvos proximamente.

Tedes un pouco máis de información nun post anterior :

https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilarrodis/node/63

Hoxe vai no sobre un documento de declaración de non padecer problemas de alerxia aos cans e de autorización de participación nas sesións.

                    

 

 

 

MAÑANCEIRO

foto freepik.com

foto: www.freepik.com

 

O Concello de Arteixo oferta o servizo de Mañanceiro na escola para o presente curso 2021-2022. Hoxe enviamos no sobre de comunicacións dos nenos e nenas a información e a solicitude para as familias interesadas. Precísanse un mínimo de 5 alumnos/as para poñer en marcha o servizo.

Adxuntamos tamén as autorizacións de imaxe, de recollida por outras persoas e a declaración responsable que esperamos devolvades cubertas nos sobres.

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO

Preparamos a escola para un retorno seguro ás aulas. Na circular que vos presentamos están algunhas informacións iniciais sobre aspectos de interese. TEDES O DOCUMENTO COMPLETO EN PDF COMO UN ADXUNTO AO FINAL DESTA ENTRADA.

 

Como vos comentamos por teléfono seguiremos unhas normas de prevención e atención relacionadas coa pandemia Covid-19.

Estamos actualizando os plans de actuación da escola a partir do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO PARA O CURSO 2021-2022 que podedes consultar aquí:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_covid_curso21_22_2021_07_06.pdf

Un dos aspectos prioritarios é previr os contaxios na aula. Se solicita a toda a comunidade (docentes, alumnado, familias...) que antes de acceder á escola se faga unha pequena autoenquisa para detectar posibles síntomas e evitar asistir ao centro no caso de padecelos. Esta previsto un protocolo de actuación no caso que eses síntomas aparezan durante a xornada escolar.

Se vos pedirá unha DECLARACIÓN RESPONSABLE de que coñecedes este protocolo e que faredes esta autoenquisa antes de enviar aos nenos e nenas á escola.

Outros documentos que adxuntamos abaixo son:

  • Autorización do uso da imaxe
  • Autorización para a recollida do alumno/a (cando non o faga un titor legal)

 

Temos preparado para que cando cheguedes podades ocupar unha das pegadas ca vosa nena ou neno.

Qué emoción! Ata mañá!

INICIAMOS CURSO 2021-2022

Estamos de volta!

Esperamos que pasarades un verán xenial. Quedan poucos días para retornar ás aulas.

Queremos informarvos de que a partir de mañá poñerémonos en contacto telefónico con todas as familias para contarvos os aspectos mais salientables do inicio de curso e responder as dúbidas que poidades ter.

Desexando vernos!!!

MATERIAL EDITORIAL CURSO 2021-22

O material editorial que escollemos cada curso é só unha parte dos recursos que utilizamos nos procesos de aprendizaxe.  Entre os que revisamos, o que máis se axusta ao noso modelo de escola, é o que aparece a continuación :

 

 Contactade coa escola para calquera dúbida ao respecto.

MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO

As datas para formalización son do 20 ao 30 de Xuño.

Con cita previa, en horario de 12.30 a 13.30 hs.

Debedes traer:

-Duas fotos tamaño carnet.

-Fotocopia do libro de familia.

-Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Impreso de matrícula cuberto(clicade aquí para obtelo).

 

 

PUBLICADO O CALENDARIO ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO

Xa está publicado o calendario escolar, deixámosvos o enlace para que o podades consultar:

CALENDARIO ESCOLAR 2021-22

Celebramos que se manteña o período de adaptación para o alumnado de 3 anos, así respetaremos as necesidades dos nenos e nenas desas idades.

AVISO PARA AS FAMILIAS QUE PASADES A GALÁN

Para solicitar as axudas de materiais e libros de texto, consultade o seguinte enlace na sua páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1612

O prazo remata o 22 de xuño!

RECORDATORIO IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS

Como sabedes, xa rematou o estado de alarma aínda que continuamos en alerta sanitaria. Por tal motivo, pedímosvos que continuedes coas prevencións que vimos mantendo ao longo do curso.

Lembrarvos que, seguindo os protocolos vixentes no centro, tedes que abstervos de mandar ás nenas e nenos á escola se observades algún síntoma compatible coa COVID. Deste xeito, contribuiremos a evitar unha posible expansión do virus, mentres agardamos que a campaña de vacinación remate.

VOLVE NORA!! PROGRAMA R.E.A.D.

 

Durante o curso 2019-2020 levouse a cabo na escola o programa R.E.A.D. de lectura con cans, financiado pola obra social de Caixabank.  O programa quedou interrompido polo confinamento debido á pandemia. Durante o confinamento seguimos en contacto coa cadela Nora a través do blog da biblioteca grazas á súa coidadora Laura. Agora queremos retomar as sesións presenciais cunha sesión en maio e outra en xuño, dentro do horario lectivo.

Haberá algunhas diferencias con respecto ao curso pasado: a actividade realizarase no exterior, no patio cuberto, en pequenos grupos de convivencia estable. Os nenos e as nenas deberán levar máscara e terán que manter distancia de seguridade con respecto á cadela e a súa coidadora. Estas diferenzas non van alterar significativamente os principais obxectivos do programa:

  • Animación á lectura
  • Mellorar a capacidade de atención
  • Fomentar unha axeitada relación cos animais
  • Mellorar as habilidades de comunicación e o interese en contar a súa experiencia aos demais.
  • Incrementar o vocabulario das nenas e dos nenos.

As familias dos nenos e nenas que non estaban na escola o curso pasado deberán cumprimentar unha autorización para participar no programa.

Por favor contactade co equipo docente ante calquera dúbida sobre o programa e as actuacións que implican.

Mais información nos seguintes enlaces:

https://www.perrosyletras.com/

https://bibliorrodis.blogspot.com/2019/11/programa-perros-y-letras.html

https://bibliorrodis.blogspot.com/2020/04/dia-do-libro-confinado.html

https://bibliorrodis.blogspot.com/2020/05/nora-e-os-seus-amigos.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut