Continuamos preparando a escola para recibirvos!! Mirade o que apareceu na entrada. Gústavos como quedou?
Cada un/unha de nós, buscaremos o noso lugar para agardar a quenda de entrada e iniciar as rutinas...
- 5 anos: Comezarán o día 10, entrando de 9.15 a 9,20.
-4 anos: Comezarán o día 10, entrando de 9.20 a 9,30.
-3 anos: Comezarán o día 11 (segundo horario adaptación).
Hoxe deixámosvos ademais informacións de interese para o inicio de curso. Sabemos que son moitas, pero é importante que leades con atención.
Lembrade que este curso a premisa é: MINIMIZAR O CONTACTO, EMPREGANDO VÍAS DIFERENTES PARA COUMNICARNOS: WEB, blogues, mail, teléfono, etc .
Grazas!!
DOCUMENTOS PARA LER
1.-Normas básicas do Plan de adaptación á situación COVID-19 na EEI de Vilarrodís.
2.Informacións inicio de curso (calendario,...).
3.-Material editorial para este curso.
DOCUMENTOS PARA COMPLETAR E ENTREGAR NA ESCOLA
(no caso de ter dificultade para imprimilos, contactade con nós)
1.-Declaración responsable COVID-19.
2.-Aurorización familias (outra persoa recolle ao meu fillo /miña filla).
3.-Dereitos de imaxe.
Para acceder a estos documentos tedes que clicar nos adxuntos debaixo desta frase. Boa lectura!!