INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DA ESCOLA.
A día de hoxe (16 DE XANEIRO) ábrese o prazo para que o alumnado de 6º de EI da escola reserve a súa praza no CEIP GALÁN e continuar alí 1º de Primaria o vindeiro curso.
O prazo abarca dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
O proceso pode realizarse de tres xeitos distintos a través da APLICACIÓN admisionalumnado
1º Cubrir na aplicación a solicitude informaticamente, imprimila, asinala e presentala na escola.
- Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.
- Unha vez cuberta, premer no botón “Crear e Confirmar” co que poderemos descargala, imprimila e entregala na escola.
2º Cubrir a solicitude infromaticamente e asinala e presentala a través de Sede Electrónica (sendo preciso identificarse a través de Chave 365 ou certificado dixital).
- Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.
- Unha vez cuberta, premer no botón “Confirmar Solicitude”
- Despois premer en “Firmar e presentar na Sede Electrónica”
3º Imprimir a solicitude para cubrila manualmente, asinala e presentala na escola. Podedes imprimir o formulario a través destes enlaces ou ben solicitala na escola.
En GALEGO ou en CASTELÁN.
No apartado de axuda da aplicación admisionalumnado tendes un MANUAL DE AXUDA para cubrir a solicitude.
Se tendes algunha outra dúbida ou problema estaremos encantadas de axudarvos.
Premendo AQUÍ tendes información sobre o proceso de admisión do alumnado.