Skip to Content

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO PARA O CURSO 23-24 - CEIP GALÁN

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DA ESCOLA.

 

A día de hoxe (16 DE XANEIRO) ábrese o prazo para que o alumnado de 6º de EI da escola reserve a súa praza no CEIP GALÁN e continuar alí 1º de Primaria o vindeiro curso.

 

O prazo abarca dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

 

 

O proceso pode realizarse de tres xeitos distintos a través da APLICACIÓN admisionalumnado

 

 

1º Cubrir na aplicación a solicitude informaticamente, imprimila, asinala e presentala na escola.

  • Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.
  • Unha vez cuberta, premer no botón “Crear e Confirmar” co que poderemos descargala, imprimila e entregala na escola.

 

2º Cubrir a solicitude infromaticamente e asinala e presentala a través de Sede Electrónica (sendo preciso identificarse a través de Chave 365 ou certificado dixital).

  • Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.
  • Unha vez cuberta, premer no botón “Confirmar Solicitude”
  • Despois premer en “Firmar e presentar na Sede Electrónica”

 

3º Imprimir a solicitude para cubrila manualmente, asinala e presentala na escola. Podedes imprimir o formulario a través destes enlaces ou ben solicitala na escola.

En GALEGO ou en CASTELÁN.

 

 

No apartado de axuda da aplicación admisionalumnado tendes un MANUAL DE AXUDA para cubrir a solicitude. 


Se tendes algunha outra dúbida ou problema estaremos encantadas de axudarvos.

 

Premendo AQUÍ tendes información sobre o proceso de admisión do alumnado.

 

AnexoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB


blog | by Dr. Radut