VACANTES PARA O CURSO 2023-24:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: 17 prazas
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:Do 1 ao 20 de marzo de 2023
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: Antes do 25 de abril de 2023
- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: Antes do 15 de maio de 2023
- PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño de 2023
COMO PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
Recoméndase a presentación das solicitudes de admisión de xeito electrónico a través da APP AdmisionAlumnado.
Cada alumno poderá presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE cun máximo de 6 centros.
1º Presentación electrónica de solicitudes (necesario certificado de autenticidade como Chave365)
a) Acceder a APP AdmisionAlumnado e cubrir o Modelo ED550B: Solicitude – Admisión – Crear
b) Cubrir tamén o modelo Anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), imprimilo, asinalo de forma manual e escanealo.
c) Dende a APP AdmisionAlumnado conéctase coa sede electrónica da Xunta de Galicia para presentar e asinar a solicitude, xunto co Anexo II-bis e a documentación (Fotocopia do DNI do alumno/a, fotocopia do libro de familia e fotocopia da sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso).
2º Presentación presencial de solicitudes
a) Imprimir e cubrir o Modelo ED550B de Solicitude de Admisión (en galego ou castelán) ou a través da APP AdmisionAlumnado (Solicitude – Admisión – Crear)
b) Imprimir e cubrir tamén o modelo Anexo II-bis (comprobación de datos e consentimiento).
c) Entregar no centro indicado en primeiro lugar a Solicitude de Admisión xunto co Anexo II-bis e a documentación (Fotocopia do DNI do alumno/a, fotocopia do libro de familia e fotocopia da sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso).
Para podervos ofrecer unha mellor atención, o HORARIO preferente de entrega das solicitudes será de
Luns: De 11:15 a 12:30
Martes: De 11:15 a 12:30 e de 15:30 a 18:00
Mércores: De 11:15 a 12:30
Xoves: De 9:30 a 10:00 e de 11:15 a 12:00
Venres: De 10:15 a 12:15
*Para optar por unha praza de NEAE achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.