Pautas APP abalarMobil
Estimadas familias,
Continuamos facilitando a comunicación con vós polas vías que están ao noso alcance neste momento de cofinamento. Así, para que podades consultar o boletín da segunda avaliación , aquí tedes a maneira de facer a vosa consulta a través do móbil .
Pode que algunas familias xa teñades este servizo operativo.
1º paso: Descargar no voso teléfono a aplicación : abalarMóbil da Xunta de Galicia
2ºpaso: Introducir o número de móbil que temos operativo na escola. Pode que teñamos dous (mamá, papá). Nese caso, se ambos queredes recibir as notificacións, tedes que instalar a APP nos dous teléfonos.
3ºpaso: Recibiredes no móvil un código de 9 dixitos, co que podedes acceder á aplicación.
4ºpaso: Tedes que crear un contrasinal cun mínimo de catro caracteres, para poder acceder á información.
Unha vez rematado este proceso, poderedes acceder únicamente á información relativa aos vosos fillos e fillas a partir do venres 3 de abril ás 10 hs.
Se tedes algunha dificultade ou dúbida, podedes chamar ao teléfono da escola.
Marzo 2020