Skip to Content

Memoria VOZ NATURA curso 2019-2020

  

Estimadas familias, hoxe saudámosvos coa cor VERDE!

Neste mes de xuño, que xa nos encamiña cara ao verán, seguimos  nunha situación que  esixe de todas e cada un esperanza, confianza e calma cada día.

Sabemos que temos que seguir coidando e coidándonos para que todo saia ben, moito ánimo!!!

Hoxe queremos contarvos que cada semana (os martes pola tarde), o equipo de mestras da EEI de Vilarrodís reunímonos virtualmente. Utilizamos unha plataforma que a Consellería de Educación puxo ao noso servizo.

Eses encontros axúdannos a tomar o pulso a:

-Como estades vós e os vosos rapaces;

-Como estamos nós;

-E dende aí, ir planificando cada semana as tarefas que temos entre mans, das que vedes só unha parte.

A pasada semana valoramos un documento que hoxe vos compartimos (para poder consultalo, premede no texto que está subliñado).

 

A memoría de VOZ NATURA

Agradecerlle á mestra coordinadora do proxecto a elaboración desta memoria que tan ben reflexa o traballo de todo o equipo.

O vindeiro ano agardamos continuar co programa Voz Natura, cuxa temática varía en cada convocatoria.

Unha aperta en nome de todas e agardamos que os recursos que estamos poñendo ao voso alcance sexan de axuda.

O Claustro de profesorado

Recollida de materiais no mes de xuño 2020

Estimadas familias, unha vez publicadas as instruccións por parte da Consellería de Educación, estas son as quendas que organizamos para recoller os materiais.

             NENAS E NENOS DE 6º EI (5 anos)

As familias dos nenos e nenas que pasades a 1º de Primaria, recibiredes nos vindeiros días unha chamada da vosa titora para recoller os cadernos que tedes por finalizar.

A cita será entre o 2 e o 5 de xuño.

                 4º EI (3 anos) e  5º EI (4 anos)

No voso caso, dado que continuades con nós en setembro, ese material quedará gardado para sumalo ao que utilizaremos no curso 2020-2021.

PARA TODAS AS FAMILIAS

Se todo evoluciona como ata agora, a partir do 12 de xuño citarémosvos individualmente para recoller o material restante: botas de goma da horta, actividades feitas ata marzo e calquera pertenza persoal que quedara na escola no momento de decretarse o estado de alarma.

                      

 

NORMAS DURANTE A PRESENZA NA ESCOLA PARA RECOLLIDA DO MATERIAL

                                      Horario: de 9:15h a 14:15 h

   (precísase ter concertado cita mediante chamada telefónica)

- É obrigatorio o uso de máscara.

Recoméndase acudir sen nenos/as.

- No caso de coincidir con outras familias deberase manter a distancia de seguridade (2 m) durante a espera.

- Seguir sempre as recomendacións do profesorado e da cartelería de seguridade.

- A entrada será coma sempre pola porta principal da escola.

Benvida!!!

 

Benvida a todas e cada unha das familias e persoas que a título individual vos interesades pola nosa escola

Esta páxina web créase para achegarvos toda a información que nos parece de interese.

Dende o equipo de mestras queremos darvos unha benvida especial neste tempo de comunicarnos na distancia. Un tempo marcado por una pandemia cuxo final parece cada día un pouquiño máis próximo.

Lembrarvos que tanto nos correos electrónicos como no teléfono da escola estamos á vosa disposición.

 

E vai un guiño especial para os nenos e nenas:

*Para quen rematades a etapa de Educación Infantil este curso, buscaremos o xeito de que recollades o voso material e vos poidades despedir da vosa titora.

*Para quen continuades con nós, veremos cal é o mellor momento de facervos chegar o voso material.

En ambos casos, debemos agardar ás instruccións da Consellería de Educación, e todo apunta a que será a través de cita individualizada.

E mentres non nos vemos, seguimos en contacto telemáticamente, pois xa sabedes o moito que nos gusta saber de todas e cada un de vós.

Moito ánimo e unha enorme aperta!!!

 

 

 

Visita virtual no paso a Primaria

 

As nenas e nenos que finalizan a etapa de Educación Infantil con nós, pasan á Educación Primaria no mes de setembro.

Independentemente da decisión que cada familia tome derivada das suas circunstancias persoais, a nosa escola está adscrita a un centro de Primaria:o CEIP de Galán.

Cada curso, no mes de maio, o equipo directivo de Galán convídanos moi amablemente a visitar co noso alumnado o colexio que os vai acoller.

Como nas actuais circunstancias resulta imposible realizar esa visita,  anímannos a facelo virtualmente. Que a disfrutedes!

 

CITA PREVIA: Admisión alumnado

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NO PERÍODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 Datas: Dende o luns 11 ata o luns 18 de maio.

 Horario: Preferentemente de 12 a 13 horas.

 Requisitos para a atención:

  • Solicitar cita previa no teléfono da escola: 616466312.
  • Respectar as pautas sanitarias (uso de máscara e  mantemento da distancia de seguridade).

Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación: Admisión de Alumnado.

Admisión alumnado curso 2020-2021

Tal e como establece o DOGA do 6 de maio de 2020, a través da:

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020

O proceso de admisión de alumnado reanudarase tendo en conta as seguintes directrices:

 1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremoata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 Para acceder á resolución da Consellería pincha Aquí

Profesorado do centro 2024-2025

Titora de 4º de Educación Infantil:  María López Chan

Titora de 5º de educación Infantil: Beatriz Frontela Fulgueira

Titora de 6º Educación Infantil  Ángela Novo García

Especialista en Audición e Linguaxe: Lucía Faraldo Couceiro

Especialista en Lingua Estranxeira: Mónica Díaz Abeijón

Especialista Relixión Católica: Reyes Fernández Barrero (centro base CEIP San Xosé Obreiro)

Orientadora: Begoña Rosende Vázquez (centro base CEIP de Galán)

Directora e Mestra de apoio: Lucía Cabanillas Trillo

Pautas APP abalarMobil

Estimadas familias,

Continuamos facilitando a comunicación con vós polas vías que están ao noso alcance neste momento de cofinamento. Así, para que podades consultar o boletín da segunda avaliación , aquí tedes a maneira de facer a vosa consulta a través do móbil .

Pode que algunas familias xa teñades este servizo operativo.

1º paso: Descargar no voso teléfono a aplicación : abalarMóbil da Xunta de Galicia

Información do Centro

 

Enderezo: Rúa Carlos Maside nº 16, CP 15141 Vilarrodís (Arteixo)

Horario: 9:15 - 14:15

Servizos complementarios:

  • Mañanceiros: 7:00-9:15 
  • Comedor: 14:15-16:00
  • Actividades extraescolares:

(Ofertadas polo Concello de Arteixo, varían cada curso escolar)

Actualmente contamos con:

Luns e mércores: Xoso Psicomotrices (16-17h)

Martes: Idioma (16-17h)

Xoves: Música (16-17h) e Cociña (17-18h)

Venres: Baile Moderno (17-18h).

Horario de atención ás familias: Luns de 16:30 a 17:30

Teléfono: 616466312

E-mail: eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

Etapas Educativas: 2º ciclo de Educación Infantil (3-6 anos)

Distribuir contido


by Dr. Radut